Cunha conferencia do responsable comarcal da Asociación Galega de Apicultura comezará a vindeira semana a sexta edición de Contando Ciencia

VOLVE O CICLO CONTANDOCIENCIA

Cunha conferencia do responsable comarcal da Asociación Galega de Apicultura comezará a vindeira semana a sexta edición de Contando Ciencia

Volve Contando Ciencia, un programa que retoma a súa actividade co novo curso escolar “co obxectivo de achegar a ciencia á poboación en xeral”. Aberto a todo tipo de público, todas as conferencias terán lugar na Casa da Cultura, un xoves ao mes e sempre ás 19:30 con entrada gratuíta. Ciclo organizado pola Concellería de Ensino de Fene coa colaboración do IES de Fene e baixo a coordinación da mestra Violeta Miraz Seco.

Contando Ciencia 2026-27 principiará o xoves 12 de novembro co relatorio “Control da velutina e outras vespas asiáticas”, a cargo do responsable comarcal da Asociación Galega de Apicultura (AGA), Rafael Díaz Nieto.

No devir desta charla, o técnico apícola e falará sobre os danos que conleva a velutina e o resto de avispas asiáticas asentadas en España (Soror en Asturias, Orientalis e Bicolor en Andalucía); do risco que supón para as persoas do rural; da incidencia nas produccións agrarias (apicultura, fruticultura e forestal) e no medio ambiente en xeral; e das medidas básicas para o seu control no rural, así como dos primeros auxilios no caso de ataque ou picadura destes insectos.

O ciclo Contando Ciencia proseguirá ao longo do curso 2026-27, atendendo ao seguinte calendario e programa:

• 10 de decembro, Elena Brozos Vázquez, doutora en Medicina Clínica e médica adxunta no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Tema: "Moverse para vivir mellor. Exercizo físico antes, durante e despois do cancro".

Falará sobre o exercicio físico, unha ferramenta segura e eficaz para moitas persoas con cancro, tanto durante como despois do tratamento, ademais de ser un claro factor protector para evitar a enfermidade. Pero non todos os doentes necesitan o mesmo tipo o intensidade de exercicio. É fundamental adaptar o programa á situación clínica, o tratamento e as capacidades de cada persoa.

• 21 de xaneiro, Ana Belén Crujeiras Martínez, doutora en Fisioloxía e Alimentación, e directora do grupo de Epixenómica en Endocrinoloxía e Nutrición do IDIS. Tema: “Como os nosos hábitos poden influir na lectura dos nosos xenes”.

Plantexará o interrogante de se estamos determinados polos xenes que herdamos ou se temos certo marxe para influir na forma na que funcionan? Durante moito tempo imaxinamos o noso ADN como un libro escrito ao nacer e prácticamente inmutable. Hoxe sabemos que, aínda que a secuencia dos nosos xenes cambia moi pouco, a forma na que nosas células os “len” pode modificarse ao longo da vida. Nesta charla “achegarémonos de forma sinxela ao mundo da epixenética, ao conxunto de mecanismos que axudan a regular os xenes que se utilizan, sen modificar a secuencia do ADN”.


• 18 de febreiro, María José Abad López, doutora en Física pola USC e coordinadora do Grupo de Polímeros da UDC. Tema: “Podemos vivir sen plásticos?”.

Do mesmo xeito que, noutras épocas da historia foron definidas polo descubrimento e usos doutros materiais (A idade de Pedra, A Idade dos Metais), a nosa historia e evolución dende o século pasado ata os nosos días, vai acompañada polo desenvolvemento de materiais poliméricos e o seu amplo uso na nosa vida cotidiá. Isto fixo que poidesemos alcanzar novas cotas de desenvolvemento en sectores como a medicina, transporte, construcción, moda, etc. Pero, a cara B da moeda, é o incremento non sostible dos residuos plásticos xerados e non reciclados, que contaminan o nos medio ambiente. O obxetivo desta charla é dar unhs pinceladas da situación e sostenibilidad dos plásticos na sociedad actual.

• 11 de marzo, Laura Castro Santos, doutora en Enxeñaría Industrial e profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (UDC). Tema: “A nosa enerxía”

A nosa enerxía achega ao público o fascinante mundo das renovables mariñas e o seu papel na construción dun futuro máis sostible. A través dun percorrido polas principais fontes de enerxía do mar, pon en valor o enorme potencial das costas galegas para producir electricidade limpa, coidando ao mesmo tempo do medio mariño e das xeracións vindeiras.

• 8 de abril, Xavier Fonseca Blanco, doutor Programa Medio Ambiente e Recursos Naturais (USC), xornalista científico e creador da sección Historias do Tempo que se publica a diario no xornal La Voz de Galicia. Tema: “Que lle está pasando ao clima? Claves do quecemento acelerado do planeta”

Desde 2023, o planeta está a rexistrar un comportamento climático sen precedentes. As temperaturas globais baten récords ano tras ano, os océanos acadan valores nunca antes observados e os fenómenos meteorolóxicos extremos, como as vagas de calor, as inundacións ou os incendios, son cada vez máis frecuentes e intensos. Trátase unicamente do efecto de El Niño ou está a suceder algo máis? Nesta conferencia analizaranse as principais hipóteses científicas que intentan explicar esta aceleración do quecemento global, que sabemos con certeza, que preguntas permanecen abertas e como traballa a comunidade científica para comprender un dos maiores desafíos do noso tempo.