Horarios tempada 2026/2027 nos pavillóns municipais
18-09-2026
Unha vez rematado o prazo de solicitudes para esquipos Federados inscritos no rexistro municipal de entidades de Fene, a Concellería de Deportes publica os horarios concedidos nos pavillóns da Xunqueira e O Ramo para a tempada 2026/2027.
A partir do luns 21 de setembro e até o día 26 os equipos, clubs de fóra de Fene e particulares poden solicitar as horas libres que quedaron. Para isto deberán cubrir as follas de solicitude achegadas e entregala por rexistro (tanto presencial como telemático) nos prazos previstos.
