Convocadas as subvencións de concorrencia competitiva para o ano 2026.

O Concello destina este ano a cantidade de 105.100 €

Convocadas as subvencións de concorrencia competitiva para o ano 2026.

As sociedades sen fins de lucro, de alta no rexistro de entidades do Concello de Fene, poderán solicitar desde mañá a subvención de concorrencia competitiva para o ano 2026.

Publicado no BOP do venres 4 de setembro, o extracto das bases reguladoras da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades sen fins de lucro para o ano 2026. O obxecto da convocatoria é apoiar ás entidades municipais sen ánimo de lucro no desenvolvemento e actividades culturais, deportivas e educativas que favorezan a participación entre a veciñanza e, así mesmo, contribuír ao financiamento dos gastos de funcionamento, necesarios para o cumprimento dos fins propios das asociacións e para o desenvolvemento das actividades obxecto da subvención. A contía máxima das subvencións por entidade ascenderá a 15.000 € no caso das entidades deportivas, a 12.000 € nas culturais e 1.500 ás ANPAS. Unha vez publicado o estrato da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, o prazo de presentación de solicitudes terá lugar desde o 5 de setembro, ata ás 14.00 horas do 14 de setembro.

Poderán optar a estas subvencións as entidades que, no momento de presentar a solicitude de subvención, carezan de ánimo de lucro, teñan sede e desenvolvan as súas actividades no Concello de Fene, estean inscritas e actualizadas no Rexistro Municipal de Asociacións Veciñais (conforme indica o artigo 5º, apartados 5 e 6 do Regulamento Municipal do Rexistro Municipal de Asociacións Veciñais do Concello de Fene), non incorran en causas de incompatibilidade ou incapacidade para percibir subvencións da Administración pública, que as actividades para as que solicitan subvención sexan de interese para o Concello e que, no caso de seren beneficiarias de axudas anteriores concedidas en anos anteriores polo Concello de Fene, ás teñan debidamente xustificadas e aprobadas pola entidade local.

A contía das subvencións poderá acadar, como máximo, o 80% do presuposto de gastos que se detalle no formulario da solicitude, co máximo subvencionable que se determina na cláusula 2ª das bases.

As solicitudes, en modelo oficial, e demais documentos presentaranse (en formato PDF) no Rexistro Xeral do Concello de Fene, a través da sede electrónica municipal, ou por calquera dos medios contemplados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Descargas