Fene promociona o deporte en familia cunha nova edición do Día do Deporte na Rúa

Fene promociona o deporte en familia cunha nova edición do Día do Deporte na Rúa

A Concellería de Deportes de Fene anuncia para este domingo, 5 de xullo, a 32ª edición do Día do Deporte na Rúa. A xornada, que incluirá múltiples actividades deportivas e de lecer para todos os públicos, desenvolverase de 10.30 a 14.00 horas na Avenida do Tarrío, rúa San Salvador e arredores do CCRD de Perlío.

Un dos grandes atractivos desta nova edición do Día do Deporte na Rúa será, sen dúbida, a tirolina xigante que voltará a Fene instalándose na Avda do Tarrío (perto do Centro de Saúde). O horario da mesma será: o sábado, de 17 a 20 horas, o domingo, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00, e o luns, de 17.00 a 20.00 horas.

A maiores, o domingo pola mañá, no marco do 32º Día do Deporte na Rúa, haberá en Perlío diferentes espazos para practicar tenis, judo, defensa persoal, taekwondo, karate, orientación, xadrez xigante, fútbol, pintadas, futbolín humano inchable, tobogán inchable, inchable de saltos con obstáculos, remo con pantalla, esgrima, chave, boccia, slackline, baloncesto en cadeira de rodas, baloncesto 3x3, hockei, indiaka, bádminton e volei con pelota xigante. Tamén se anuncian obradoiros de nutrición e valoración funcional, de circo (malabares e equilibrismo), de elaboración de chapas, circuito de karts e zona xigante de xogos tradicionais.

A participación en todas as actividades será de balde e as persoas que participen en cinco actividades, poderán facerse cunha camiseta conmemorativa da xornada, até esgotar existencias.

ORGANIZA: Concello de Fene (Concellería de Deportes) // COLABORAN: Deputación da Coruña, Eroski Fene, Colexio Jorge Juan Perlío, CCRD Perlío, Escudería Scratch Fene, Club Kang, Club Artes Marciais Fene, Escola de Judo Fene e Familia Bértoa.

Descargas