Festas acuáticas para festexar o fin de curso das escolas deportivas da piscina municipal de Centieiras

Festas acuáticas para festexar o fin de curso das escolas deportivas da piscina municipal de Centieiras

A Concellería de Deportes anuncia as datas e horarios das tradicionais festas acuáticas que organiza para pechar o curso das escolas deportivas municipais na piscina de Centieiras. A primeira cita será este sábado, 20 de xuño, coa festa de natación para bebés, á que seguirán o vindeiro sábado, 27 de xuño, as de Primeira Infancia, Iniciación Infantil e Perfeccionamento Infantil e Xuvenil. A continuación detállase o calendario previsto de actividades para estas dúas fins de semana.

20 DE XUÑO

FESTA NATACIÓN BEBÉS
NO SEU HORARIO DE CLASE HABITUAL acompañados por 2 persoas adultas que saiban
nadar

27 DE XUÑO

1a INFANCIA: grupos de luns, martes, mércores e xoves
FESTA DE 10:00 A 10:45 h, acompañados/as dunha persoa adulta que saiba nadar

1a INFANCIA: grupos de venres e sábado
FESTA DE 10:45 A 11:30 h., acompañados/as dunha persoa adulta que saiba nadar

INICIACION INFANTIL: grupos de luns e xoves
FESTA DE 11:30 a 12:15 h.

INICIACION INFANTIL: grupos de martes, mércores e venres
FESTA DE 12:15 a 13:00

PERFECCIONAMENTO INFANTIL E XUVENIL
FESTA DE 13:00 a 13:45

+ INFORMACIÓN
Piscina municipal de Centieiras: 607 62 71 03