O vindeiro martes 2 de xuño abre o prazo de inscrición para os cursos de verán do Concello de Fene

O vindeiro martes 2 de xuño abre o prazo de inscrición para os cursos de verán do Concello de Fene

Bautismos de mergullo infantil e para persoas adultas e ximnasia de mantemento ao aire libre son as actividades que organiza a Concellería de Deportes para este verán que precisan inscrición previa, xunto co Campamento Deportivo (para o que abrirá o prazo o vindeiro 15 de xuño).

As persoas interesadas en anotarse a calquera destas tres actividades poderán facelo no Departamento de Cultura e Deportes (Avda. Naturais, 44, entrechán, Fene) a partir do martes 2 de xuño, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas. No caso dos bautismos de mergullo, as inscricións deberán facerse presencialmente, non sendo necesario solicitar cita previa. Pero, no caso da ximnasia, poderán anotarse por teléfono (981 34 03 66). Todas elas son actividades con límite de prazas.

 

• Bautismo de mergullo infantil (actividade gratuita)

Data: 27 de xuño

Horario: de 17 a 18 horas

Lugar: Piscina Municipal de Centieiras

Destinatarios/as: nenos/as de 10 a 14 anos

Requisitos: saber nadar, contar con permiso paterno/materno e dispoñer do material preciso (bañador, gorro, chanclas e camiseta para meter na auga)

Prazas limitadas: 12

Actividade gratuita

Inscrición: do 2 ao 25 de xuño

Organizan: Concellería de Deportes de Fene e CAS Nautilus

 

• Bautismo de mergullo para maiores de 14 anos e adultos

Datas: 27 de xuño, de 18 a 20 horas (piscina) e 28 de xuño, de 10 a 13 horas, en dúas quendas (praia)

Lugar: Piscina Municipal de Centieiras (27 de xuño) e Praia de Chanteiro (28 de xuño)

Destinatarios/as: persoas maiores de 14 anos

Requisitos: saber nadar, contar con permiso paterno/materno (no caso dos menores de idade) e dispoñer do material preciso (bañador, gorro, chanclas e camiseta para meter na auga na piscina). A organización proporcionará todo o material deportivo propio da actividade.

Prazas limitadas: 12

Cota: 6,25 €

Inscrición: do 2 ao 25 de xuño

Organizan: Concellería de Deportes de Fene coa colaboración do CAS Nautilus

 

• Ximnasia de mantemento ao aire libre para toda a familia (actividade gratuita)

Trátase dunha actividade física de grupo, nivel suave, que ten como obxectivo “manter ou mellorar a condición física xeral e pasar un rato agradable cos demais”

Datas: do 2 de xullo ao 29 de agosto

Horario: luns, mércores e venres laborables, de 9.45 a 10.45

Lugar: paseo marítimo de San Valentín (parte traseira do pavillón da Xunqueira) ou, no caso de choiva, interior do pavillón da Xunqueira

Destinatarios/as: persoas de todas as idades

Prazas limitadas: 32/mes

Actividade gratuíta

Inscrición: do 2 ao 30 de xuño

Organiza: Concellería de Deportes de Fene