Peche temporal e parcial da piscina municipal de Centieiras

Peche temporal e parcial da piscina municipal de Centieiras

Infórmase a todos/as os/as usuarios e usuarias que a Piscina Municipal permanecerá parcialmente pechada desde hoxe por mor dunha avaría nas instalacións. O peche manterase ata novo aviso (previsión inicial dúas semanas), mentres non se poida rematar a reparación.

Debido a esta incidencia técnica, o uso da instalación sufrirá as seguintes modificacións:

• Zona de auga: pechada por completo.
• Servizo e actividades dirixidas no Ximnasio e Pilates: permanece ABERTO e poderá usarse con normalidade.
• Vestiarios e duchas: NON se poderán utilizar as duchas.
• ️Actividades dirixidas de auga: quedan suspendidas, esperamos poder recuperar as clases logo da reapertura da instalación.

Lamentamos os inconvenientes causados e agradecemos a súa comprensión e colaboración. Traballamos para solucionar a avaría o antes posible.