A Concellería de Cultura presenta parte da súa programación anual, un amplo abano de propostas totalmente de balde, dirixidas a todos públicos.

A Concellería de Cultura presenta parte da súa programación anual, un amplo abano de propostas totalmente de balde, dirixidas a todos públicos.

O Concello de Fene ven de acollerse un ano máis ás convocatorias de Cultura no Camiño (AGADIC) e Ler Conta Moito da Xunta de Galicia e a Rede Cultural da Deputación da Coruña para o ano 2026. Entre estas tres subvencións e os fondos propios, a Concellería de Cultura organiza a meirande parte da programación cultural anual do Concello. Trátase dun amplo abano de propostas totalmente de balde, dirixidas a todos públicos.


O programa Cultura no Camiño, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Xunta de Galicia promove o fomento das artes escénicas e musicais nos concellos de Galicia polos que discorren os diferentes Camiños de Santiago.

A Concellería de Cultura ten concedida unha subvención de 2.500 € para organizar as seguintes actividades ao abeiro deste programa:


3 de xullo: Teatro Ghazafelhos co espectáculo “Ándale! Bon appétitt” na praza entre os bloques 11 e 12 de San Valentín. Actividade programada dentro do Ciclo, Xullo Mes da Patria Colabora: CPS de San Valentín.

1 de agosto: Concerto de The Homens no Parque da Hortiña durante o Felicia Pop Festival. Colabora: AC Felicia.

No programa Rede Cultural da Deputación da Coruña, o Concello de Fene dispón dun total de 18 espectáculos para cubrir a programación cultural ao longo do ano, subvencionados ao 50% entre a Deputación e o propio Concello. As actuación son as seguintes:

16 de maio: Concerto de As Pías. Colabora: CMI Unidade de Fene

24 de xuño: Actividade para público familiar Sempre Arriba (Hoxe si!) na Pista Municipal de Centieiras durante as actividades do Perla Mural Fest. Colabora: Asociación Perla Mural Fest.

27 de xuño: Concerto de Los Jinetes de Trópico (A calor é un dereito) durante o Perla Mural Fest. Colabora Asociación Perla Mural Fest.

4 de xullo: Concerto da Asociación Musical No Cómbaro (Cantos de taberna) durante a Romería do Camiñante en Barallobre. Colabora: ACRD Liga de Amigos de Barallobre.

8 de xullo: Monólogo para público adulto de David Amor na Praza do alcalde Ramón J. Souto González. Actividade programada dentro do Ciclo, Xullo Mes da Patria. Entrada baixo reserva.

9 de xullo: Concertos de Orquestra Bravú Xangai (Os saxofóns de occidente) e Loita Amada (Resistir é vencer) na Praza do alcalde Ramón J. Souto González. Actividade programada dentro do Ciclo, Xullo Mes da Patria.

30 de agosto: Actuación para toda a familia de MOC MOC Umami Dancetheatre (Agridulce 2.0) durante a Romería do Pote. Colabora: ACRD O Pote.

19 de setembro: Concerto de Tona (Xira Tona 2026) durante as actividades do Fenerock Festival no Paseo Marítimo de San Valentín. Colaboran: AC Centolos.

6, 13, 20 e 27 de novembro: Monólogos para público adulto de Quico Cadaval (Notas de rodapé), Marita Martínez (Contadiña), Leti da Taberna (Jastac Japi Jolidais) e Migallas Teatro (Falamos como galegos) respectivamente, no salón de actos do Museo do Humor “Xaquín Marín”. Actuacións programadas dentro do Ciclo, Novembro Mes do Humor.

10, 11 e 17 de decembro: Actuacións de Laura Martínez (Danzando coas estacións), Luis Vallecillo (Neofalante) e A Xanela do Maxín (O apalpador e a nena sen medo), respectivamente no Salón de Actos da Casa da Cultura. Actividades programadas dentro do ciclo municipal de Nadal.

22 de decembro: Actuación de O Aturuxo de Melpómene (Corral Polifónica) no salón de actos do local da AVV San  Xurxo de Magalofes. Colabora: AVV San Xurxo de Magalofes. Actividade programada dentro do ciclo municipal de Nadal.

28 de decembro: Actuación para toda a familia de Daniel Ares Blanco (A viaxe de Nami) no local social do CCRD Perlío. Colabora: CCRD Perlío. Actividade programada dentro do ciclo municipal de Nadal.

O programa Ler Conta Moito, tramitado pola Biblioteca Pública Municipal “Xosemaría Pérez Parallé”, é un programa de dinamización da lectura promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.

A través de este programa, as bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ofrecen actividades variadas para ofrecer á cidadanía a lectura e a información dunha maneira lúdica e atractiva.

As actividades, a realizar no salón de actos da Casa da Cultura, son as seguintes:

28 de maio: Contacontos; Circo na Biblioteca; de Dani Blanco. Actuación polo Día das Letras Galegas.

1 de outubro: Contacontos A Fada Diana; Actuación polo Día da Biblioteca.

8 de outubro: Contacontos Onde viven os Monstros; de Carmen Domenech. Celebración do Samaín.