Cincocentos judocas de toda Galicia participarán esta fin de semana en Fene na quinta xornada da Liga Galicia Rías Altas
10-04-2025

O pavillón da Xunqueira (San Valentín) acollerá este sábado a quinta e última xornada da Liga Galicia Rías Altas de judo, coa participación duns cincocentos judocas de categorías desde benxamín a absoluta.
A competición comezará pola categoría senior, a única que se fai por equipos, disputándose o playoff polo título e o playoff do sexto ao décimo primeiro posto. Nas demais categorías a competición será individual, por pesos e xénero. Para a categoría cadete, a competición comezará ás 11.45 horas, seguida da infantil ás 13.45 horas, a alevín ás 15.45 horas e a benxamín, que será a última en competir, a partir das 17.30 horas.
Participarán equipos de toda Galicia, así como algúns de Castela e León. A xornada está organizada pola Escola Judo Fene e a AD Judo Fene, coa colaboración do Concello de Fene.
Por outro lado, este domingo pola mañá realizaranse no pavillón de San Valentín os exames de pase de grao a máis de 150 nenos e nenas dos clubs AD Judo Ferrolterra e Escola Judo Fene. Serán probas para os máis pequenos/as do club até os cinturóns laranxa-verde.