Nova conferencia do ciclo Contando Ciencia coa doutora en Matemáticas fenesa Erika Diz Pita

Nova conferencia do ciclo Contando Ciencia coa doutora en Matemáticas fenesa Erika Diz Pita

“Todas as matemáticas á vez, en todas partes” é o tema da terceira sesión do ciclo Contando Ciencia que organiza a Biblioteca “O Segrel do Penedo” do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino. A conferencia, impartida pola doutora en Matemáticas Erika Diz Pita, terá lugar este xoves, 18 de xaneiro, ás 19.30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura (Avda. de Conces, 20-22, Fene), con entrada libre e de balde até completar o aforo.

Natural de Fene, Erika Diz Pita estudou Grao en Matemáticas e o Máster Universitario en Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela (USC) entre 2013 y 2018. Acadou premios Extraordinarios Fin de Grao e Fin de Máster na universidade, así como o Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia. Doutora en 2022 obtendo a cualificación de sobresaínte cum laude e a mención internacional. Entre agosto de 2022 e xaneiro de 2023 traballou como Profesora Titular na Universidade Intercontinental da Empresa, e desde xaneiro deste 2023 traballa como como Profesora Axudante Doutora no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da USC. O seus traballos de investigación céntranse no estudio cualitativo de sistemas dinámicos e ecuacións diferenciais. Dende o ano 2019 ten impartido numerosas charlas divulgativas en Institutos de Educación Secundaria de Galicia.

Trala conferecia deste xoves, a seguinte cita de Contando Ciencia será o xoves 22 de febreiro e a protagonista será, nesa ocasión, a doutora en Medicina Begoña Graña Suárez, que falará “Sobre a herencia xenética do cancro”.