O mércores 1 de xuño abre o prazo de preinscrición para o Verán máis alá! 2022

O mércores 1 de xuño abre o prazo de preinscrición para o Verán máis alá! 2022

Ao igual que en edicións anteriores, estableceranse dúas quendas, a primeira do 4 ao 15 de xullo e a segunda do 18 ao 29 de xullo, podendo participar os/as rapaces nas dúas ou só nunha. Ademais, novamente, dividirase en dúas franxas horarias: Madrugadores/as, de 08:00 a 10:00 horas (os nenos e as nenas poderán incorporarse, en frecuencias de media hora, ao longo desta franxa horaria) e Máis alá!, de 10:00 a 14:00 horas (os nenos e as nenas terán que incorporarse ás 10:00 h e saír ás 14:00 h). O número de prazas dispoñibles será de 120, a razón de 60 prazas por quenda.

 

A preinscrición para o campus realizarase, preferentemente, por vía telemática, a través da sede electrónica (https://sede.fene.gal/) ou do Rexistro Electrónico Común (https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do) desde as 8:00 horas do día 1 de xuño ás 23:00 horas do día 3 de xuño. Excepcionalmente, tamén poderá realizarse presencialmente nestes mesmos días aínda que, para acollerse a esta modalidade, haberá que solicitar cita previa no teléfono 981 340 366.

 

Ligazóns