Abre o prazo de preinscrición para o Campionato de Fotosub Concello de Fene

Abre o prazo de preinscrición para o Campionato de Fotosub Concello de Fene

O domingo 26 de xuño terá lugar o Campionato de Fotosub “Concello de Fene”, organizado polo Club de Actividades Subacuáticas Nautilus coa colaboración do Concello de Fene e a Federación Galega de Actividades Subacuáticas (FEGAS). A proba, puntuable no Circuito Galego de Fotosub, desenvolverase entre as 8:30 e as 15.00 horas nas inmediacións da Punta do Faro de San Cristobal, como lugar principal, ou na praia de Cariño, dentro da ría de Ferrol, como lugar de reserva.

As persoas interesadas en participar nesta edición do Campionato de Fotosub “Concello de Fene” poden realizar a preinscrición enviando un correo electrónico desde o club ao que pertenza o/a fotógrafo/a ao enderezo electrónico fegas@fegas.net ou imagen@fegas.net. Data límite de preinscrición o 19 de xuño ás 23.59 horas.

Toda a documentación relacionada co campionato pode descargarse dende a web da Federación Galega de Actividades Subacuáticas.

Máis información, no correo-e daviddeibe@casnautilus.org ou no teléfono 659 114 576 (Club de Actividades Subacuáticas Nautilus de Fene).