O Concello de Fene abre este martes o prazo de inscrición para a Campaña da neve 2022 da Deputación provincial

O Concello de Fene abre este martes o prazo de inscrición para a Campaña da neve 2022 da Deputación provincial

Do 18 ao 21 de febreiro de 2022, sete nenos/as do Concello de Fene poderán viaxar á estación Valgrande-Pajares (Asturias), no marco da Campaña da Neve 2022 que promove a Deputación da Coruña. A actividade vai dirixida a rapaces/zas de 12 a 15 anos (inclusive), cumpridos a 31 de decembro de 2021. Segundo informa o departamento de Deportes do Concello de Fene, o prazo de inscrición permanecerá aberto dende o martes 30 de novembro ao martes 14 de decembro no Departamento de Cultura e Deportes (Avda. Naturais, 44, entrechán) en horario de 8.30 a 14.00 horas, de luns a venres, e os mércores tamén de tarde, de 16.00 a 18.00 horas. No momento da inscrición, as persoas interesadas deberán cubrir un formulario e presentar un volante de empadronamento do/a neno/a no que se acredite que leva empadroado/a no municipio como mínimo dende o 1 de novembro de 2021. 

A Campaña da Neve 2022 da Deputación da Coruña contempla nesta edición  7 prazas para o Concello de Fene na sexta quenda do programa, que se prolongará do 18/02/2022 ao 21/02/2022. A estancia e manutención dos/as participantes será en aloxamentos situados a pé de pista, na estación Valgrande-Pajares (Asturias). O transporte dende a comarca, tanto de ida como de volta, está incluído na oferta (os puntos da comarca onde se efectuará a recollida notificaranse con suficiente anticipación); e a cota de participación ascende a 85 euros por persoa.

No caso de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles, realizarase un sorteo público das prazas diante da secretaria municipal (entre o 15 e o 17 de decembro). Terán prioridade os nenos e nenas que nunca asistiran a campañas de inverno.

Máis informacón:
https://www.dacoruna.gal/deportes
cultura.deportes@fene.gal
Tlf.: 981.34.03.66