Avda. de Conces, 20-22. 15500 - Fene
Email
 981 342 302
Centro local de información que lles facilita aos seus usuarios coñecementos e información mediante unha colección organizada de documentos, así como a través dos novos sistemas de información e tecnoloxías, e que garante o acceso libre e directo ao coñecemento, á información, ao ocio e á cultura. Divulga a lectura.

A Biblioteca Municipal "Xose María Pérez Parallé" presta os seus servizos no primeiro andar da Casa da Cultura.

Os fondos documentais da Biblioteca integran todo tipo de materiais e soportes: libros, CD-ROM, DVD... todos estes documentos están en acceso libre e son facilmente localizábeis e accesíbeis mediante a consulta na sala ou o préstamo domiciliario.

A Biblioteca Pública Municipal está integrada no programa "Internet nas Bibliotecas". Os usuarios poden acceder a Internet a partir dos postos de consulta ou solicitando a habilitación para conectar o portátil á rede Wifi.

Os usuarios poden participar no desenvolvemento da biblioteca a través de suxestións, reclamacións e solicitude de adquisicións de novos documentos.

O Catálogo automatizado dos fondos documentais da biblioteca pode ser consultado dende calquera lugar a través da web.

Horario

O horario de apertura ao público en período lectivo é de luns a venres de 16:00 a 20:45; sábados de 10:00 a 13:00 h, agás en vacacións escolares que será de luns a venres de 10:00 a 14:15 h.
Ligazóns
Descargas