Accións formativas para persoas desempregadas da Consellería de Emprego e Igualdade

Accións formativas para persoas desempregadas da Consellería de Emprego e Igualdade

A Área de Formación e Emprego Pancho Allegue do Concello de Fene informa de novos cursos da Xunta de Galicia para persoas desempregadas. Ditas accións formativas impartiranse a partir do mes de setembro no Centro de Formación Ocupacional de Caranza e, como único requisito para participar, cómpre estar inscrito/a no SPEG como demandante de emprego. A solicitude pódese realizar: a través do servizo de orientación laboral participando nun itinerario personalizado de inserción; a través da Oficina Virtual de Emprego da Xunta de Galicia, emprego.xunta.gal, sempre que na demanda de emprego do/a solicitante conste un correo electrónico; ou na oficina de emprego, pedindo cita previa en emprego.xunta.gal. Máis información na Area de Formación e Emprego “Pancho Allegue” do Concello de Fene, no tfno. 981 492 767 ou no correo electrónico orientacion.laboral@fene.gal 

Descargas