Comisións informativas

A creación e composición destas comisións informativas aprobouse polo Pleno do Concello na sesión do 07 de xullo de 2015

As Comisións informativas terán as competencias que sinala o artigo 20.1 c) da Lei 7/1985 de 2 de abril e 51 do Regulamento orgánico municipal e ditaminarán sobre as materias e asuntos relacionados coas materias asignadas a cada área na Resolución da Alcaldía 804/2015.

Comisións Informativas Permanentes

  • I Comisión informativa de Desenvolvemento Territorial e do Medio
  • II Comisión informativa de Organización e Seguridade
  • III Comisión informativa de Dinamización Económica
  • IV Comisión informativa de Dinaminación Social e Transparencia


No caso de que algún asunto non teña un encaixe claro nalgunha comisión en función das materias que teña asignadas, tratarase na Comisión Informativa de Organización e Seguridade.

Composición

As Comisións Informativas estarán compostas por (ademais do alcalde-presidente, membro nato das comisións ex lege, sen prexuízo de que delegue nalgún dos concelleiros que pertenzan á comisión, a proposta feita no seu seo):

  • Tres (3) representantes do Grupo Político do Partido Popular do Concello de Fene
  • Dous (2) representantes do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego
  • Un (1) representante do Grupo Municipal Socialista do Concello de Fene
  • Un (1) representante do Grupo Municipal Somos Fene
  • Un (1) representante do Grupo mixto
  • A Comisión Especial de Contas estará formada polos membros da Comisión Informativa de Dinamización Económica

As Comisións informativas permanentes celebrarán sesión ordinaria con periodicidade mensual nas datas e horas que respectivamente se establece:

  1. Comisión informativa de Desenvolvemento Territorial e do Medio: o martes da semana anterior á semana na que se celebre o Pleno ordinario do correspondente mes ás 9:00 horas.
  2. Comisión informativa de Organización e Seguridade: o mércores da semana anterior á semana na que se celebre o Pleno ordinario do correspondente mes ás 9:00 horas.
  3. Comisión informativa de Dinamización Económica: o luns da semana anterior á semana na que se celebre o Pleno ordinario do correspondente mes ás 9:00 horas.
  4. Comisión informativa de Dinamización Social e Transparencia: o venres da semana anterior á semana na que se celebre o Pleno ordinario do correspondente mes ás 09:00 horas.
  5. A Comisión especial de contas reunirase cando sexa convocada pola Presidencia
Descargas