Concellarías delegadas

Delegacións xenéricas

  • Aprobado por resolución da alcaldía 393/2018 de delegación de competencias

As delegadacións xenéricas de cada unha das áreas de goberno do Concello de Fene son:

I Delégaselle a Área de Desenvolvemento Territorial e do Medio ao concelleiro Juan José Franco Casal


II Delégaselle a Área de Organización e Seguridade ao concelleiro Andrés Serantes Painceiras.


III Delégaselle a Área de Dinamización Económica á concelleira Rocío Aurora Bértoa Puente


IV Delégaselle a Área de Dinamización Social e Transparencia ao concelleiro Xoán Manuel Rodríguez Bastida

As delegacións xenéricas acordadas no apartado anterior suxeitaránse ó seguinte réxime xurídico:
a) Abarcarán a facultade de coordinar as diferentes subáreas nas que se divide cada área, dirixindo os servizos correspondentes, sen prexuízo das facultades de xestión encomendadas aos delegados especiais, pero sen incluir a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.
b) A Alcaldía poderá revogar en calquera momento as delegacións efectuadas seguindo as mesmas formalidades aplicadas para outorgalas.
c) A Alcaldía poderá avocar en calquera momento a competencia delegada de acordo co que dispón o artigo 14 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.
d) Corresponderá á Alcaldía resolver las posibles dúbidas que se formulen en relación coa aplicación desta resolución.

Delegacións especiais

As delegacións especiais ós seguintes concelleiros/as que a seguir se relacionan, para os servizos que igualmente se sinalan:


I Conferir a delegación especial das subáreas de Urbanismo e Vivenda (Área de Desenvolvemento Territorial e do Medio), Formación e Emprego (Área de Organización e Seguridade) e Turismo (Área de Dinamización económica) no concelleiro Juan José Franco Casal.


II Conferir a delegación especial das subáreas de Obras (Área de Desenvolvemento Territorial e do Medio), Medio Ambiente (Área de Desenvolvemento Territorial e do Medio)e Promoción Económica (Área de Dinamización Económica) no concelleiro César Daniel Castro García.


III Conferir a delegación especial da subárea de Persoal ( Área de Organización e Seguridade) ao concelleiro Alejandro Jorge Gutiérrez Sánchez


IV Conferir a delegación especial da subárea de Servizos ( Área de Organización e Seguridade) ao concelleiro José Andrés Serantes Painceiras.


V Conferir a delegación especial das subáreas de Seguridade (Área de Organización e Seguridade), Facenda e Patrimonio (Área de Dinamización económica) e Cultura (Área de Dinamización social e Transparencia) á concelleira Rocío Aurora Bértoa Puente.


VI Conferir a delegación especial das subáreas de Xuventude e Ensino (Área de Dinamización social e Transparencia) á concelleira Ana María Novo Picos


VII Conferir a delegación especial das subáreas de Deportes e Participación e información cidadá, transparencia e comunicación (Área de Dinamización social e Transparencia) ao concelleiro Xoán Manuel Rodríguez Bastida


VIII Conferir a delegación especial das subáreas de Protección Civil (Área de Organización e Seguridade) e Benestar Social e Igualdade (Área de Dinamización social e Transparencia) á concelleira Juana Barro Couto.

As delegacións especiais efectuadas, enténdense conferidas como delegacións da dirección e xestión interna dos servizos, pero non inclúen a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.

O Concelleiro/a que ostente a delegación xenérica da área á que pertence o servicio, terá a facultade de supervisar a actuación dos/as concelleiros/as con delegacións especiais.

Descargas