Bloque Nacionalista Galego

O grupo municipal do BNG conformou o goberno municipal dende as primeiras eleccións democráticas de 1979 até os comicios de 2007. O grupo municipal é a representación institucional da asemblea local do BNG de Fene e ten a responsabilidade de aplicar na administración municipal as directrices emanadas dos órganos de goberno e dirección do Bloque Nacionalista Galego.

Enderezos:

  • Casa do Concello: De luns a venres de 9.30 a 13:30
  • Na asemblea local do BNG de Fene: Avda. Naturais, 41-Baixo - 15500 Fene

Teléfonos: 981 342 984  / Fax: 981 492 788  / Caixa de correo: gmbngfene@gmail.com

Grupo municipal

  • Juventino Trigo Rei - Alcalde do Concello: Natural de Perlío Foi aprendiz de ASTANO e traballou no estaleiro ata 1987, ano no que se puxo á fronte da Asesoría Perlío, que dirixe na actualidade. É Graduado Social pola Universidade de Santiago (seminario de Ferrol) e Grao en Ciencias do Traballo pola Universitat Oberta de Catalunya. Encabezou a candidatura do BNG nas eleccións municipais de 2011 e no 2015 foi eleito alcalde co apoio do PSdeG PSOE, Somos Fene e EU
  • Sadra Permuy Meizoso: San Valentín, 1974. Traballa como educadora infantil. foi directiva do CPS. É membro do consello Local do BNG de Fene
  • Mariela Aguilar Prieto: Maniños,1948. Autónoma xubilada, presidenta de AETNA e membro da Comisiòn de festas de Maniños.
  • Justo Martínez Ardá: Veciño de Fene titulado en maxisterio de educación física pola universidade de Santiago (Campus Lugo), en delineación na escola de Caranza e en Arquitectura Técnica na Universidade da Coruña. Actualmente é profesional autónomo como arquitecto técnico. Fundador da sociedade As Píntegas e membro da comisión de festas de Fene nos últimos anos. Xogador da SD Barallobre.

Súmate a Nós

O BNG é unha organización ampla e aberta, na que ten cabida calquer nacionalista que comparta os seus principios programáticos e acepte os seus estatutos.

De estar interesado en formar parte do BNG o requisito é solicitar formalmente a afiliación. O órgao competente para dar altas no BNG é o Consello Comarcal, polo que tes que solicitala ao BNG na túa localidade ou comarca.

En función da túa idade tamén tes a posibilidade de afiliarte á nosa organización xuvenil Galiza Nova, cos mesmos dereitos no BNG.

Ligazóns