Áreas de Goberno

Resolución alcaldía  660/2023  creación de áreas Resolución alcaldía 665/2023  delegación das áreas de goberno Decreto 1125/2023 modificación delegación áreas de Goberno

Áreas ou sectores de actividade municipal nas que se estrutura o goberno local:

I Desenvolvemento territorial e do medio

Esta área comprende as seguintes subáreas:

  • Urbanismo e vivenda: comprenderá a xestión das competencias municipais sobre ordenación do territorio e urbanismo, relativas a plans e instrumentos de ordenación urbanística (incluída a súa redacción), xestión urbanística, expropiacións por razóns do urbanismo, políticas municipais de dotación do solo para vivendas sociais,promoción de vivendas sociais, disciplina urbanística, licenzas, comunicacións previas e demais autorizacións.
  • Obras: comprenderá a preparación e xestión da planificación das obras municipais.
  • Servizos: comprende a xestión dos servicios básicos municipais, ciclo da auga, recollida de residuos, cemiterio municipal, limpeza de vías públicas e infraestruturas urbanas(mobiliario urbano, redes de servizos.....), mantemento e conservación de parques, xardíns, zonas verdes, mantemento de edificios e instalacións municipais e o control e seguimento das obras de xestión directa.
  • Medio ambiente: comprenderá a xestión de políticas municipais do medio
    ambiente, praias, ríos e ribeiras, deseño de novos espazos públicos, control de pragas, servizo de lacería, promoción da educación ambiental (redución do lixo, recollida selectiva, compostaxe…) e o Punto limpo.

Corresponderá a esta subárea aquelas materiais que se poidan considerar de forma xenérica incluídas nesta área e non estean atribuídas especificamente ás outras subáreas.

II Dinamización do Emprego, Seguridade e Participación veciñal

Esta área comprende as seguintes subáreas:

  • Persoal: comprende a xestión dos recursos humanos, organización e réxime interior do concello, métodos de traballo, relacións cos representantes dos traballadores e arquivo municipal, así como a xestión e coordinación da contratación pública e dos procesos de licitación municipal.
  • Formación e emprego: comprende as políticas municipais que garden relación coa promoción do emprego, inserción laboral, formación ocupacional e escolas obradoiros.
  • Seguridade: comprende a xestión da seguridade cidadá, control e ordenación do tráfico en vías urbanas, protección civil e policía local. Licenzas e Rexistro de animais perigosos.
  • Participación veciñal: comprende a xestión do Consello de Participación Cidadá, o seu funcionamento e dinamización; a dinamización da páxina web, radio municipal, adaptación administrativa e impulso do uso das novas tecnoloxías; posta en marcha da OMIC; implementación de medidas de transparencia na xestión municipal.

III Dinamización Económica

 

Esta área comprende as seguintes subáreas:

  • Facenda e Patrimonio: comprende a xestión económica do concello, seguimento e control de investimentos, preparación dos orzamentos, xestión tributaria e recadación, política fiscal, preparación das ordenanzas fiscais, estatística e patrimonio municipal (inventario de bens, dereitos e obrigas; administración e defensa do patrimonio municipal, expropiación forzosa non urbanística).
  • Promoción económica: comprende as políticas municipais de dinamización e potenciación da vida económica local, industria, turismo e promoción dos valores turísticos do concello; relacións cos axentes locais na procura de políticas integrais de desenvolvemento e fomento de actividades económicas, promoción das novas tecnoloxías, promoción do comercio e xestión da mellora dos servizos municipais en favor da eficiencia enerxética e na utilización dos recursos públicos; feiras, mercados, abastos, lonxas e comercio ambulante; dinamización do Polígono industrial de Vilar do Colo e xestións con SEPES nesta materia.

IV Dinaminación social

  • Benestar Social: comprende as políticas municipais de prestación de servizos asistenciais aos cidadáns, atencións ás situacións de marxinación e exclusión social, medidas de integración social, atención á terceira idade e as escolas infantís.
  • Igualdade: políticas de igualdade, política de inmigración, muller e conciliación da vida laboral e familiar, menores, atención ao maltrato familiar e programas de educación familiar
  •  Cultura: comprende a xestión e programación das políticas municipais da cultura e das instalacións culturais municipais, así como a normalización lingüística. Asociacionismo.
  • Xuventude: comprende a dinamización da OMIX e a xestión de políticas dirixidas á xuventude no eido do tempo libre e ocio.
  • Deportes: comprende a xestión e programación das políticas deportivas municipais. Instalacións deportivas. 
  • Ensino: comprende a xestión e programación das relacións cos centros e coa comunidade educativa, o mantemento das instalacións educativas que sexan da competencia do concello e demais competencias municipais no eido da educación, agás as escolas infantís que estarán incluídas na subárea de Benestar social.
Descargas