Enquisa "Por un turismo de calidade"

Enquisa "Por un turismo de calidade"

A Concellería de Promoción Económica, atedendo á solicitude da Fegamp, anima á veciñanza a participar na enquisa "Por un turismo de calidade", impulsada por UNIDEMA Research coa colaboración da Escola Superior de Hostalaría Protocolo e Turismo. Dito cuestionario forma parte dun estudo sobre Turismo e Hostalaría que valora, por un lado, a situación económica (retos e previsións) e os municipios (ranking dos municipios que máis salientan, atendendo ao seu encanto, á súa oferta cultural e á súa oferta gastronómica). 

Para a elaboración deste ranking é precisa a colaboración da cidadanía, cubrindo unha breve enquisa anónima, antes do 14 de xullo. O cuestionario dura menos de 20 segundos. Non hai que cubrir datos persoais de ningún tipo e, unha vez finalizado o prazo, os restaurantes seleccionados serán notificados e se lles incluirá no ranking.

Realiza a enquisa premendo aquí.