A través do Punto de Información Catastral sito na oficina técnica municipal, a cidadanía pode acceder ao servizo de consulta e certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.
Requisitos
- Libre acceso para a consulta e certificación de datos catastrais non protexidos que consten na Base de Datos Nacional do Catastro.
- Ser titular catastral, o seu representante ou a persoa autorizada por el, para a consulta e certificación dos datos catastrais protexidos dos inmobles da súa titularidade.
Documentación
- Acreditación da identidade. Documento Nacional de Identidade.
- Acreditación, no seu caso, da representación ou da autorización.
Tratándose de datos catastrais protexidos, a normativa sobre os Puntos de Información Catastral unicamente permite o acceso a estes servizos a quen figura inscrito no Catastro como titular catastral.
Lugar de solicitude
Oficina Técnica Municipal
Avda. do Concello s/n. - 15500 Fene
Central: 981 492 707
Fax: 981 492 788