Evento organizado pola Asociación Perla Mural Fest. Un festival de arte urbana que está a transformar o concello nun auténtico museo ao aire libre.
O Perla Mural Fest situouse con forza no mapa internacional da arte urbana ao conseguir, nas súas dúas primeiras edicións, o recoñecemento ao Mellor Mural do Mundo outorgado pola plataforma StreetArt Cities: primeiro con “A violonchelista de Fene”, de Sfhir, e despois con “O Charanguista Andino”, de Cristóbal Persona
