Novas

05-12-2016 -

Fene repara o abastecemento de auga na rúa Riveiroa

A rúa Riveiroa, en Barallobre, ten durante estes días o tráfico restrinxido por mor das obras que se desenvolven nas marxes da calzada para substituír as canalizacións do abastecemento de auga potable na zona.
05-12-2016 -

Fene recibirá 775.000 euros do Plan Único da Deputación da Coruña

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, visitou esta mañá o Concello de Fene para interesarse polos proxectos que se desenvolven no municipio con apoio provincial. 
05-12-2016 -

Máis dunha vintena de actividades culturais e deportivas compoñen a programación do Nadal

As Concellarías de Cultura, Ensino, Xuventude e Deportes teñen xa a punto a programación de actividades para o Nadal. Son máis dunha vintena de eventos entre música, teatro, obradoiros para todas as idades, exposicións e propostas deportivas cun enfoque lúdico que se irán solapando desde o 10 de decembro ata ben pasado o día de Reis.
03-12-2016 -

Infórmate...perde o medo

“INFÓRMATE … PERDE O MEDO” é o nome do programa desenvolvido pola Concellería de Benestar e dirixido ao alumnado de 3º e 4º de ESO,  coa pretensión de sensibilizar ao alumnado e aos colectivos que poidan presentar certo risco cara ao contaxio do VIH/SIDA.
02-12-2016 -

Avaliación do II Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Fene

A Concellería de Benestar Social e Igualdade difunde a Avaliación do II Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Fene.
02-12-2016 -

Anuncio nomeamento auxiliar administrativa interina

Publicada a resolución 1303 do 02 de decembro de 2016 relativo ao nomeamento dunha auxiliar administrativa.
01-12-2016 -

Desmitificando o amor romántico

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade, continúa co ciclo de actividades enmarcadas en torno ao 25 de novembro “Día Mundial Para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres”.
01-12-2016 -

Lista definitiva bibliotecario/a

Publicada a resolución 1301 do 30 de novembro de 2016 pola que se aproba a resolución definitiva de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a bibliotecario/a e axudante de arquivo arquiveiro, mediante o sistema de concurso libre.
30-11-2016 -

O Museo do Humor colabora coa exposición "BDG70" que se amosa na sala "Normal" da Coruña

Cinco orixinais de Xosé Díaz, tres de Xesús Campos, unha reproducción de Xaquín Marín e catro figuras con volume -a de Xaquín Marín, a do Gaspariño, a Cabeza Galega e a de Chichi Campos-, propiedade do Museo do Humor de Fene, amósanse até o vindeiro 31 de decembro na sala “Normal” da Coruña, no marco da exposición “BDG70: a revolta do cómic galego”.
30-11-2016 -

Nomeamento auxiliar funcionaria interina

Publicado o decreto 1279 do 29 de novembro relativo ao nomeamento dunha funcionaria interina por un periodo de tres meses para o posto de auxiliar administrativa