Novas

16-12-2016 -

Chamamento do CTG á doazón de sangue

A veciñanza de Fene que queira participar nesta doazón poderá  facelo o martes 20  de decembro e o mércores 21, diante da Praza do Concello, en horarios de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 h.
15-12-2016 -

Este venres abre o prazo para solicitar a participación na cabalgata de Reis

Desde o 16 até o 26 de decembro estará aberto o prazo para inscribir nenos e nenas na Cabalgata 2017 que percorrerá as rúas do centro urbano de Fene na tardiña do 5 de xaneiro.
15-12-2016 -

Educar no uso responsable das novas tecnoloxías

Hoxe xoves 15 de decembro, o CEIP Centieiras acollerá de 16.30 h a 18.00 h unha sesión dirixida as familias de nenos e nenas que cursen educación primaria de como educar no uso responsable das novas tecnoloxías.
15-12-2016 -

Corrección de erros nas bases para a creación de tres listas de aspirantes a funcionario/a interino/a

Publicado no BOP do 15 de decembro a corrección de erros nas bases do proceso selectivo para a creación de tres listas de aspirantes a funcionario/a interino/a das prazas de peón, chofer condutor e peón-tractorista.
14-12-2016 -

Publicación lista provisional peóns

Publicada a resolución de alcaldía relativa ao listado provisional de peóns.
14-12-2016 -

O campo do Pote tínguese de negro antes da chegada do mal tempo

As previsións do tempo anuncian auga a partir deste mércores. Por esta razón durante toda a xornada do martes estiveron acelerándose os traballos de aglomerado do futuro campo de herba artificial do Maniños.
14-12-2016 -

Fene e os concellos limítrofes pulen o regulamento que rexerá o funcionamento do punto limpo

Os alcaldes de Fene, Cabanas, Ares, Neda e a alcaldesa de Mugardos reuníronse este luns en Fene para darlle os últimos retoques ao regulamento de funcionamento do punto limpo situado no polígono do Vilar do Colo de cara a avanzar na súa apertura.
13-12-2016 -

Un mundo sen electricidade

Mañá, mércores 14 de decembro, ás 19.30 h, terá lugar na Casa da Cultura de Fene o acto de presentación da publicación “Un mundo sen electricidade”
12-12-2016 -

O Apalpador adianta a súa chegada para visitar os colexios de Fene

O mítico carboeiro da serra do Courel anda xa pola comarca para apalpar as barrigas dos nenos e nenas, desexarlles un ano venturoso e, se cadra, deixarlles unha presada de castañas ou algún agasallo.
09-12-2016 -

O baile inaugura este sábado a programación de Nadal

O Pavillón Municipal da Xunqueira acollerá mañá, partir das 16.30 horas, a VI Exhibición solidaria de baile moderno e bailes de salón, na que participarán 11 agrupacións da comarca. O evento está organizado polo Concello de Fene e maila asociación xuvenil Fene Movemento, coa colaboración da floraría Loto. Nel reuniranse máis de 400 deportistas que mostrarán a súa arte cunha finalidade solidaria. Se ben a entrada é gratuíta, desde o Concello solicítase que o público asistente achegue alimentos cun longo periodo de conservación -cereais, pastas, arroces, conservas, etc.- cos que despois se farán lotes para distribuílos entre as familias do municipio con menos recursos.