Novas

01-02-2017 -

Axudas ao fomento da iniciativa empresarial entre xoves emprendedores para a posta en marcha da súa idea de negocio

(LIÑA 2. PEL-EMPRENDE)
Resolución número 2016/31549 de 21 de decembro, da Presidencia da Deputación da Coruña.
31-01-2017 -

Fene contratará sete persoas desempregadas con cargo ao Programa de Integración Laboral da Deputación

Os postos se cubrirán a partir dun listado de aspirantes enviado polo Servizo Público de Emprego de Galicia e tamén que os contratos das persoas seleccionadas serán dun 75% da xornada e durarán 4 meses.
30-01-2017 -

Concentración de rexeitamento e solidariedade

Convócase para o luns 30 de xaneiro de 2017 ao persoal do Concello, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa ás 12:00 h na Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento polo asasinato por violencia machista de Virginia F.V., de 55 anos, veciña de O Carballiño, en Ourense.
26-01-2017 -

Os grupos municipais de Fene achegan posturas sobre as obras que se incluirán no POS+

O goberno local e mailos grupos na oposición reuníronse na mañá deste mércores para tratar de chegar a un acordo sobre as obras e outros investimentos que se proporán para o Plan único de concellos POS+ financiado pola Deputación da Coruña.
25-01-2017 -

Datas das probas para os aspirantes ao proceso de selección de peón

O Tribunal deste proceso selectivo en xuntanza de data 25 de xaneiro de 2017 acordou a celebración dos dous exercicios da oposición
24-01-2017 -

Proceso de recoñecemento das competencias profesionais aquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación

Novas convocatorias abertas no proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través de experiencia laboral (DOG 19/01/2017).
23-01-2017 -

O goberno e oposición sentan negociar esta semana os investimentos do POS+

A comisión de Desenvolvemento territorial e do Medio do Concello de Fene reúnese este martes para presentarlles ao resto de grupos municipais o listado de actuacións que se propón financiar con cargo ao programa provincial POS+, cifrado en algo máis de 775.000 euros.
23-01-2017 -

A Xunta calcula que a antiga Rubber quedará libre de pneumáticos no prazo de tres semanas

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, visitou este venres as instalacións da antiga Rubber para ver o desenvolvemento dos traballos de retirada dos pneumáticos alí amoreados desde hai case dúas décadas.
20-01-2017 -

O Concello reparará con cargo ao POS 2016 a estrada desde a Areosa ata Laraxe

A mesa de contratación do Concello acaba de resolver a adxudicación provisional das obras de mellora da estrada que vai desde o lugar da Areosa, en Limodre, até o límite co concello de Cabanas. 
19-01-2017 -

A Fundación Plácido Castro ofrecerá en Fene a conferencia anual sobre o intelectual galeguista

Justo Beramendi impartirá o 25 de xaneiro ás 20.00h. na Casa da Cultura a charla "Plácido Castro e a autonomía galega".