Novas

16-09-2025 -

Fene únese un ano máis á Limpeza Simultánea de Ríos

Dúas entidades fenesas, AETNA e a Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico Betula, participarán na XVIII Limpeza Simultánea de Ríos, que terá lugar este domingo, 21 de setembro.
16-09-2025 -

O VII Festival Internacional Entes Animados volta a Fene e a outros sete concellos da contorna

Con presenza dunha representación dos Concellos e entidades participantes, o Hotel Almirante de Ferrol acolleu este mediodía a presentación do 7º Festival Internacional Entes Animados que se celebrará do 19 ao 28 de setembro (fins de semana). Ao longo do certame, oito compañías procedentes de Portugal, Brasil, Francia, Arxentina, Bélxica e España achegaranse até os concellos de Ares, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos (que participa a instancias da entidade Apelón Educación), Narón, Neda e Valdoviño para presentar os seus espectáculos que abranguen “desde o teatro de títeres de luva até a narrativa teatral máis engaiolante”.
12-09-2025 -

O luns día 15 de setembro abre o prazo de inscricións no proxecto Indira

A Concellería de Igualdade do Concello de Fene, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller, pon en marcha de novo o mércores 8 de outubro o Espazo para Mulleres enmarcado dentro do denominado Proxecto INDIRA, actividade que se ven desenvolvendo dende o ano 2018 de xeito ininterrompido cun total de dúas edicións por ano.
10-09-2025 -

O Concello de Fene cumpre coa lexislación ante o perigo que supoñen os eucaliptos no Parque Lineal do Río Cádavo

O Concello de Fene informou da inminente corta dunha serie de eucaliptos de gran porte situados en terreos particulares no entorno do Parque Lineal do Río Cádavo. Trátase dunha actuación necesaria para dar cumprimento á lexislación e responder ao perigo real que supoñen estes exemplares, en cumprimento tamén das advertencias trasladadas en varios informes policiais.
As árbores, plantadas na década de 1950, superan a altura de edificios de cinco andares e xa teñen causado diversos incidentes: desde caídas de pólas de grandes dimensións até a entrada dunha delas nunha vivenda tras romper un ventanal. Ademais, xeraron varias reclamacións por parte das comunidades de propietarios, que viñan alertando da inseguridade que supoñen para a veciñanza.
09-09-2025 -

Cambio no horario da Casa da Cultura a partir do 15 de setembro

Na recta final do verán, a Concellería de Cultura informa dos cambios no horario de apertura e atención ao público das distintas dependencias da Casa da Cultura de Fene (Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé, Museo do Humor Xaquín Marín, aula de estudo e sala de exposicións temporais). Así, a partir do vindeiro luns 15 de setembro retomarase o horario de inverno nesta instalación: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas.
05-09-2025 -

O FeneRock celebra a súa XXII edición no Paseo de San Valentín con tres días de música

O Paseo de San Valentín convértese esta fin de semana no epicentro da música en directo coa celebración da XXII edición do FeneRock, organizado pola Asociación Cultural Centolos. A programación arranca hoxe venres e prolongarase até o domingo, 7 de setembro, cun cartel cheo de grupos referentes do rock e da música alternativa.
04-09-2025 -

As sociedades sen fins de lucro, de alta no rexistro de entidades do Concello de Fene, poderán solicitar desde mañá a subvención de concorrencia competitiva para o ano 2025

Publicado no BOP 4 de setembro, o extracto das bases reguladoras da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades sen fins de lucro para o ano 2025. O obxecto da convocatoria é apoiar ás entidades municipais sen ánimo de lucro no desenvolvemento e actividades culturais, deportivas e educativas que favorezan a participación entre a veciñanza e, así mesmo, contribuír ao financiamento dos gastos de funcionamento, necesarios para o cumprimento dos fins propios das asociacións e para o desenvolvemento dasactividades obxecto da subvención. A contía máxima das subvencións por entidade ascenderá a 15.000 € no caso das entidades deportivas, a 12.000 € nas culturais e 1.500 ás ANPAS. Unha vez publicado o estrato da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, o prazo de presentación de solicitudes terá lugar desde o 05/09/2025, ata ás 14.00 horas do 14/09/2025.
03-09-2025 -

Brassica Rapa actúa este sábado no Fenerock da man do Concello de Fene e da Rede Cultural da Deputación

A piques de comezar o Fenerock, que organiza a AC Centolos, a Concellería de Cultura coa colaboración da Rede Cultural da Deputación, anuncia para este sábado, 6 de setembro, o espectáculo Ghrelo power, a cargo do grupo Brassica Rapa. A función comezará no Paseo Marítimo de San Valentín ás 12.30 horas, con entrada libre e de balde.
02-09-2025 -

Fene celebra unha nova edición do seu Outlet con grandes descontos no comercio local

Esta fin de semana regresa unha das citas máis agardadas do comercio local: o Outlet Fene, que se celebrará os días 5, 6 e 7 de setembro, organizado polo Concello de Fene en colaboración coa Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos de Fene “O Cruceiro” e coa colaboración económica da Deputación da Coruña.
O evento desenvolverase en horario de venres e sábado de 10:00 a 13:30 h e de 17:00 a 20:00 h, e o domingo de 11:00 a 13:30 h. Será unha excelente oportunidade para atopar produtos de calidade a prezos moi rebaixados, ademais de desfrutar dun ambiente festivo, con animación e decoración especial nos comercios.
01-09-2025 -

As pinturas expresionistas e surrealistas de Daniel Mouriz inundan de cor a Casa da Cultura de Fene

“Ao descuberto” é o título da exposición que o pintor ferrolán Daniel Mouriz amosa desde este martes na Casa da Cultura de Fene. A mostra recolle máis de 50 obras nas que o autor desprega a súa visión abstracta da realidade, a través de estruturas expresionistas e surrealistas. Nalgunhas obras, aplícanse elementos minerais e vexetais, así coma materiais reciclados, tales coma papel, cartón, madeira, plástico, principalmente sobre lenzo, pero tamén sobre vidro e cartulina montada en cartón pluma.