Novas

14-07-2017

Semana do deporte e do turismo sostible no "Verán máis alá"

Hóckey, voleibol, carreiras, xogos de corda, de goma, de pelota, probas de habilidade…Son algunhas das actividades que realizaron estes días os/as nenos/as do Verán Máis Alá! de Fene.
14-07-2017

O profesor César Martínez asina a Declaración Institucional do Día da Patria Galega

O exdirector do Ceip O Ramo, César Martínez Yáñez, será o encargado de ler este venres, 14 de xullo, a declaración institucional do Concello de Fene polo Día da Patria Galega.
13-07-2017

Os Sons Cubanos do Trío Siboney amenizarán este xoves a festa da veciñanza de Fene

A praza do alcalde Ramón Souto González hoxe  xoves 13 de xullo, a partir das 20.00 horas, unha nova edición da Festa da Veciñanza, xornada de convivencia interxeracional na que maiores e pequenos de Fene comparten unha tarde de lecer, gastronomía e música. 
12-07-2017

Certame de habaneiras e canto coral

O Tradicoro, de Airiños de Fene, será o encargado de abrir este ano o Certame de Habaneiras e Canto Coral que organiza a Concellería de Cultura de Fene, no marco da súa programación do “Día da Patria Galega 2017”.
10-07-2017

O mago Paco presenta en Fene o espectáculo "Hocus Pocus"

Maxia e Humor na segunda función do Ciclo "Día da Patria Galega" que organiza a Concellería de Cultura
06-07-2017

"Más que Gaitas" abrirá a programación do Día da Patria Galega

Canto e música tradicional mestúranse no novo espectáculo da banda de gaitas Airiños de Fene que se presenta o vindeiro luns, 10 de xullo, na praza do alcalde Ramón Souto González de Fene.
04-07-2017

Refrescante comezo do "Verán máis alá"

Os nenos/as do Verán Máis Alá de Fene desfrutan dende hoxe e até o vindeiro martes dun programa de actividades acuáticas na piscina de Centieiras.
27-06-2017

Maxia, Música e un novo encontro interxeracional para festexar o día da Patria Galega

O Concello de Fene acollerá do 10 ao 15 de xullo as actividades do Ciclo do Día da Patria Galega 2017 que organiza a Concellería de Cultura coa colaboración da Deputación da Coruña.
23-06-2017

O Museo do Humor abrirá ao público tres tardes á semana ao longo do verán

Por segundo ano consecutivo, o Museo do Humor amplía o seu horario estival para favorecer as visitas dos veciños/as de Fene.
20-06-2017

Borja Ramón López Cotelo gaña o premio Curuxa 2017 e Andrés Simal González a Curuxa nova

O xurado do XXI Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor”, reunido esta mañá nas instalacións do Museo do Humor de Fene, ven de dar a coñecer os nomes dos gañadores/as do certame na súa edición 2017.