Novas

20-05-2024 -

Diego Noguerol Feijoo e Ainara Soto Reino gañan o II Concurso de BD de Humor Demo Pequeno

Coincidindo coa conmemoración do Día dos Museos que se celebrou este sábado, o Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial veñen de dar a coñecer os nomes dos/as gañadores/as do II Concurso de BD de Humor Demo Pequeno. O xurado desta segunda edición -formado polos debuxantes Inés Vázquez e Víctor Boullón, xunto co autor de bd e editor de Demo Editorial, Manel Cráneo, e a coordinadora do Museo do Humor Xaquín Marín, Almudena Marcos- reuniuse o pasado 9 de maio e acordou conceder por maioría os seguintes premios:
20-05-2024 -

Últimos días para apuntarse á I Milla Popular Interxeracional

A Concellería de Deportes amplía até o venres 23 de maio, ás 14.30 horas, o prazo de inscrición para a I Milla Popular Interxeracional que se celebrará o vindeiro domingo en San Valentín e na que poderán participar persoas de todas as idades, a partir dos 3 anos. As inscricións son de balde e poden formalizarse presencialmente no Departamento de Cultura e Deportes, en Avda. Naturais, núm. 44, entrechán, Fene, ou por correo electrónico, enviando a ficha de inscrición (individual, menores clubs e colexios ou maiores clubs) a cultura.deportes@fene.gal. Tamén se recollerán de xeito excepcional inscricións individuais o mesmo día da carreira de 9:30 a 10:30 horas.
17-05-2024 -

17 maio, Día das letras Galegas

O Concello de Fene súmase á celebración do Día das Letras Galegas de Luísa Villalta.  Creadora dunha obra singular e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron na segunda metade dos anos 80 e primeiros 90 o 17 de maio de Luísa Villata é unha ocasión excepcional par reivindicala en toda a súa amplitude como a intelectual que foi.
Feliz Día. 
 
 
16-05-2024 -

Brincadeira Pirata para festexar o Día das Letras Galegas na biblioteca municipal de Fene

“Yo-Ho!” É así como soa a risa pirata… e anuncia que a diversión está asegurada o vindeiro martes, 21 de maio, ás 18 horas na Biblioteca Xosemaría Pérez Parallé. O espectáculo titulado Brincadeira Pirata está protagonizado por Lorena Vales e Marian Rei, de Teatro Calavera, e vai dirixido a público infantil e familiar. Entrada libre e de balde até completar o aforo.
15-05-2024 -

O XIV Concurso de Tapas de Fene celebrarase entre o 24 de maio e o 2 de xuño

O Concello de Fene, a través da Concellaría de Promoción Económica e Turismo, organiza nas dúas últimas fins de semana de maio o XIV Concurso de Tapas. Unha cita na que nove estabelecementos da hostalería local competirán por facerse con algún dos catro premios que se deciden, dous outorgados por un xurado profesional, e outros dous que dependerán das persoas que participen co seu voto ao realizar o percorrido gastronómico.

Na categoría de Tapa Tradicional participarán tres establecementos, O Son de Cociña coa súa proposta “O sol da cociña”, a Cafetería Bombay cos seus “Crepês de peixe e marisco” e o CCRD Perlío co “Montadiño ao tío Pepe”. Competindo na categoría de Tapa Creativa estarán Arrecendo, con “Arrecendo a mar”; Bar A Ponte con “Tres continentes”; Galicuba coa “Delicia cubana”; Cafetería Lembranza con “Ruliña!”, o CMIU de Fene coa “Bolsa de Ouro” e o Pachamama co “Tartar de Langostinos”.
15-05-2024 -

Concerto de Iria Estévez no acto de presentación do libro gañador do XXXVI Premio de poesía Xosemaría Pérez Parallé

O CMI Unidade de Fene acolle este sábado a presentación de Utensilios de cociña e algúns xantares caleidoscópicos, poemario co que Carlos Carracedo Porto gañou a trixésimo sexta edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé que organiza a entidade fenesa coa colaboración do Concello e da Editorial Espiral Maior. O acto comezará ás 20.30 horas, con entrada libre e de balde até completar o aforo. Ao remate actuará Iria Estévez presentando Fíos de fado, concerto organizado pola Concellería de Cultura coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
14-05-2024 -

Dobre cita coa ximnasia artística esta fin de semana en Fene

O pavillón da Xunqueira (San Valentín) acollerá esta fin de semana o Campionato Galego Open Base e Vía Olímpica de ximnasia artística feminina e a fase final da Liga Escolar de ximnasia artística feminina e masculina, organizados pola Federación Galega de Ximnasia Artística coa colaboración do Club Ximnasia Artística Ferrolterra, de Fene. Perto de trescentas/os ximnastas tomarán parte na competición (cento noventa no Open Base e Vía Olímpica e oitenta e oito na fase final da Liga Escolar) dun total de cinco clubs: o Terra Sports Academy, o Ximnasia Coruña, o Bayosil, o Real Grupo de Cultura Covadonga e o anfitrión, o club e escola Ximnasia Artística Ferrolterra.
14-05-2024 -

Non pasa nada, pasa algo

Mellorar a información sobre as adiccións, de maneira precisa e axeitada, debido a baixa percepción do risco que existe na cidadanía sobre o consumo de substancias e comportamentos aditivos. É o principal obxectivo do programa "Non pasa nada, pasa algo?" que botou a andar a semana pasada no IES de Fene. Organizado pola Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, coa colaboración dos Concellos de Neda e Mugardos (cos que está a desenvolver un proxecto de prevención de condutas aditivas, financiado pola Consellería de Sanidade).
 
14-05-2024 -

O Concello de Fene abre o prazo de inscrición para a I Milla Popular Interxeracional que sustitúe á tradicional proba escolar

O domingo 26 de maio é a data escollida pola Concellería de Deportes de Fene para a celebración da I Milla Popular Interxeracional Concello de Fene, proba que combina a tradicional milla escolar, na que poden participar nenos e nenas a partir dos tres anos, cunha milla para maiores, aberta a persoas de todas as idades, tanto de Fene coma doutros concellos. As carreiras comezarán as 11.00 horas na Avenida do Mar de San Valentín e paseo marítimo aínda que, no caso de choiva, as de categorías escolares (desde prebiberón 1, aula de 3 anos, ata cadete, aulas de 3º e 4º da ESO) traladaranse ao pavillón da Xunqueira, manténdose o resto de carreiras no circuito exterior (categorías sub 23, Senior e Máster).
13-05-2024 -

Proxección do filme de Pablo Lago Dantas “O auto das ánimas” na Casa da Cultura de Fene

O auto das ánimas é a primeira longametraxe de Pablo Lago Dantas como director, logo dunha dilatada traxectoria como director de fotografía. Rodada en Redondela e Pontesampaio, a película propón unha volta ás orixes, aos rituais e á familia. Un encontro “co seu lugar de orixe, no que mediante a sutil combinación das súas raigames galegas con mitos e rituais, agrega capas de profundidade ao mundano e ao cotiá”. O filme proxéctase este xoves, 16 de maio, ás 19.00 horas, na Casa da Cultura de Fene, con entrada libre e de balde até completar o aforo.