Novas

20-02-2015 -

O alcalde anuncia o acondicionamento das rúas Canabal e Maroño e obras de mellora do pavimento en San Valentín

Gumersindo Galego explica que as intervencións contan cun orzamento conxunto cercano aos 180.000 euros e seis meses de prazo de execución
20-02-2015 -

O Concello celebra unha nova sesión do Grupo de Apoio a Familias de persoas dependentes

A edil de Servizos Sociais, Juana Barro, apunta que terá lugar o martes, con participación aberta á veciñanza, e centrada nas necesidades do coidador.O mesmo día, mesma hora e mesmo escenario está programado un obradoiro do programa Recuperación Memoria para persoas con deterioro cognitivo
19-02-2015 -

O alcalde presidiu a recepción institucional a Rubén Gandoy, vixente campión galego de Slalom

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, presidiu a recepción institucional organizada polo Concello a Rubén Gandoy, veciño de Sillobre e vixente campión galego de Slalom.
17-02-2015 -

Concello e asociacións consensúan o calendario de actividades para o 2015

O concelleiro de Promoción Económica, Juan José Franco, explica que o obxectivo é evitar a coincidencia de actos e accións no termo municipal
16-02-2015 -

O Concello realiza traballos de desbroce no acceso ao Miradoiro da fervenza do Belelle

As tarefas comezan unha vez concluidas as intervencións do plan integral de acondicionamento de lavadoiros e fontes públicas
16-02-2015 -

O Concello convoca o II Certame de Creación Artística "En galego? É o noso!"

A concelleira de Normalización Lingüística e Cultura, Rocío Bértoa, apunta que está dirixido ao alumnado dos centros de ensino feneses e centrado este ano nos poemas de “Vento Mareiro” de Cabanillas e na obra de Carvalho Calero
16-02-2015 -

Corrección de erros na orde das comparsas no desfile do mércores 18

Advertido un erro na orde das comparsas no desfile que se publicou na web o pasado 13 de febreiro, porcédese á súa subsanación e a informar que a orde definitiva queda como segue:
16-02-2015 -

O Concello de Fene celebra por todo o alto o Entroido con festa infantil, desfile e festival de comparsas e verbena con orquestra

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, explicou que o programa iníciase este martes 17 co baile de disfraces para nenos e nenas e continuará o mércores de cinza, festivo local, cos actos das comparsas e a actuación da orquestra Aché
13-02-2015 -

O Concello proxecta a mellora de sete áreas infantís e a construcción dun parque biosaudable

A Concellería de Promoción Económica vén de presentar o proxecto á convocatoria de axudas aberta pola Xunta para a mellora deste tipo de espazos
13-02-2015 -

Concello e centros de ensino convocan o V Concurso de Microrrelatos Concello de Fene

A edila de Normalización Lingüística e Cultura, Rocío Bértoa, avanza que as lembranzas serán a temática dos textos, que deberán comezar co verso de Valente “É agora a hora”