Liñas de axudas

Subvencións as ANPAS, axudas para comedores escolares e bono-bus para o estudantado universitario nos campus da Coruña.

Para contribuír ao normal funcionamento das ANPAS o Concello consigna nos seus orzamentos subvencións para estas entidades que se distribúen consonte coas bases consensuadas con tódolos axentes sociais.

Fene participa con outros concellos da bisbarra no convenio coa Universidade da Coruña para o mantemento das axudas ao servizo de bono-bus universitario aos Campus da Coruña.