O Servizo de Información e Orientación Laboral do Concello de Fene está encadrado na Subárea de Formación e Emprego, dentro da Área de Dinamización de emprego, Seguridade e Participación veciñal.
Formación e Emprego traballa en colaboración coa axente de emprego e desenvolvemento local, técnicos de formación e técnicos de servizos sociais.
Este servizo actúa como Servizo de Orientación e Asesoramento Especializado que presta colaboración as persoas en situación de mellora ou desemprego coa finalidade de facilitarlle o camiño no Mercado Laboral. Engloba o colectivo de persoas desempregadas en xeral en canto a sexo, formación, experiencia profesional, demandantes ou non de primeiro emprego e colectivos en risco de exclusión social.
O Concello de Fene é Centro colaborador do Servizo Público de Emprego en materia de orientación laboral desde setembro de 1998.
Accións que se levan a cabo dende o Programa de Orientación Profesional
As accións de orientación laboral realízanse a través de técnicas individuais e colectivas utilizando unha metodoloxía personalizada presencial, telefónica ou telemática, segundo se estime oportuno. O fin último é potenciar a autonomía da persoa no seu proxecto socio-laboral. Nos seguintes puntos quedan reflectidas as accións realizadas:
-
Información, Motivación e Asesoramento Socio-laboral.
-
Intervención Socio-laboral. Diagnose, necesidades e expectativas das persoas demandantes.
-
Itinerarios Individuais e Personalizados de Inserción Profesional. Deseño, elaboración e realización. Seguimento.
-
Técnicas e Habilidades de Busca de Emprego.
-
Autoemprego. Detección e desenvolvemento de iniciativas de autoemprego.
-
Análise do Mercado de Traballo. Prospección de empresas. Convocatorias de Emprego.
-
Intermediación Laboral. Recepción da oferta, derivación de usuarios/as e seguimento no proceso de incorporación laboral.
-
Emprego sector público.
-
Accións Formativas. Información, asesoramento e solicitude.
-
Certificados de Profesionalidade Información e orientación sobre o procedemento de recoñecemento das competencias adquiridas pola experiencia laboral. Motivación. Preparación de solicitudes.
-
Programas de Emprego. Acreditación Busca Activa de Emprego.
Criterios base polos que se rixe o Servizo
Os criterios que rixen o funcionamento do Servizo son os seguintes:
- Mercado laboral na comarca e ocupacións que son máis requeridas.
- A dimensión de xénero nos procesos de inserción laboral.
- Motivar a persoa demandante de emprego para que se implique de forma activa no deseño e consecución do seu proxecto persoal.
- A necesidade dunha cualificación e especialización profesional.
- A importancia das habilidades sociais no proceso de busca de emprego e posterior incorporación e mantemento do posto de traballo.
- A importancia das novas tecnoloxías nos procesos de inserción socio-laboral.
Itinerarios Personalizados de Inserción Laboral
A elaboración de Itinerarios Personalizados de Inserción Laboral constitúe unha das accións de orientación laboral que se están a desenvolver coa persoa desempregada.
Enténdese como tal "o conxunto de actividades secuenciais que a persoa atendida debe percorrer". Desde o servicio trátase de facilitarlle os recursos necesarios para que xestione con autonomía o seu propio proceso de inserción socio-laboral.
Desde a Consellería de Emprego, formúlase un protocolo específico de actuación e a posibilidade de asinar un compromiso escrito do itinerario. A sinatura deste compromiso pode incluír prioridades á hora de realizar determinadas accións do itinerario establecido e subvencións por procura de emprego segundo a normativa vixente no momento da sinatura.
Acceso ao Servizo
Este Servicio atende ao colectivo de persoas desempregadas ou en mellora de emprego en xeral en cuanto a sexo, formación, experiencia profesional e demandantes ou non de primeiro emprego.
As vías que se están a seguir para que os/as demandantes coñezan e accedan ao servicio pódense concretar nos seguintes ámbitos:
Servizo Público de Emprego, ou ben a través de axenda do Servizo Público de Emprego ou ben a través de direccionamento da Oficina de Emprego
- Servizos Sociais do Concello de Fene
- Entidades de carácter Social da Comarca
- Entidades de carácter Sanitario da Comarca
- Centros de Ensino
- Solicitude expresa do/a demandante de emprego
Brecha dixital
Atención ás persoas que pola súa casuística non teñen acceso nin manexo de recursos informáticos e solicitan axuda para consultas, recursos, solicitudes e tramitacións a realizar telemáticamente. Con estas persoas tamén se traballa a incentivación deste recurso.
