Novas

27-03-2019 -

O alcalde felicita ao equipo “Emotional Tricks” do CPI A Xunqueira pola súa destacada participación na First Lego League

O alcalde, Gumersindo Galego, felicitou onte ao equipo "Emotional Tricks" do CPI A Xunqueira pola súa destacada participación a pasada fin de semana en Tenerife na fase final da First Lego League. Acadaron o segundo premio á inspiración e aseguraron ter disfrutado dunha experiencia única que prevén repetir de cara ao próximo ano.

Nesta liña, Gumersindo Galego asegurou que o Concello volverá a apoiar ao equipo como este ano, financiando os gastos de desprazamento e favorecendo a súa participación na competición.
27-03-2019 -

O Concello inicia nos centros educativos as charlas sobre resucitación cardiopulmonar básica e manexo do desfibrilador

A Concellería de Deportes que dirixe Xoán Manuel Bastida vén de iniciar os cursos formativos sobre primeiros auxilios, resucitación cardiopulmonar básica (RCP) e manexo do desfibrilador nos centros educativos do municipio. Uns cursos que está a impartir a Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil. Ata o CEIP Centieiras se desplazaban onte Sandra Martínez e José Manuel Castro, responsable da agrupación e integrante da mesma, para iniciar o programa cos rapaces de 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria.
 
26-03-2019 -

O Concello de Fene organiza para as familias o obradoiro “Desenrédate! Prevención nas redes sociais”

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Juana Barro, informou esta mañá da celebración da sesión “Desenrédate! Prevención nas redes sociais" para as familias. Terá lugar o xoves 28 de marzo no CEIP O Ramo, de 16 a 17,30 horas. A actividade está aberta a toda a poboación interesada e ten carácter gratuíto. Forma parte do proxecto de prevención de condutas aditivas “Desenrédate!, incluído no programa Saúde na Escola, subvencionado pola Consellería de Sanidade e que levan a cabo conxuntamente os concellos de Fene, Mugardos e Neda.
26-03-2019 -

Concello e centros educativos de Fene celebran o Día da Árbore con plantacións nos coles

O Concello de Fene, a través da Concellería de Ensino, conmemorará ao longo desta semana o Día da Árbore promovendo diversas plantacións nos centros educativos da localidade e outros espazos públicos. Onte pola mañá inaugurábase o calendario no CEIP Plurilingüe Os Casais e no CEIP Plurilingüe O Ramo. Ata alí acudía a edil de área, Ana Novo, para asistir a sendas plantacións por parte do alumnado dos coles. No primeiro caso, nenos e nenas plantaban unha moreira blanca, xa que dá unha follas moi apreciadas polos gusanos de seda que, segundo comentaron, habitan na zona. No segundo caso, optaban por unha cerdeira, unha árbore frutal moi vistosa cando florece.
25-03-2019 -

A unidade móbil de doazón de sangue desprázase a Fene este martes

A unidade móbil de doazón de sangue desprazarase este martes 26 de marzo a Fene. Permanecerá diante do centro de saúde en horario de mañá –de 9,30 a 14,30 h- e de tarde –de 15,30 a 21 h- e, dende o Concello, anímase á veciñanza a tomar parte na campaña de doazón.
25-03-2019 -

O escultor Manuel Ángel Méndez Bellón cede unha das súas pezas ao Concello

O escultor Manuel Ángel Méndez Bellón vén de ceder ao Concello de Fene unha das súas obras, “Facendo números en tempos de crise”. O alcalde, Gumersindo Galego, recepcionaba a peza e agradecía a donación realizada polo artista que, durante o pasado mes de febreiro, expoñía a súa mostra “Galician Metal Retranca” na Casa da Cultura.
21-03-2019 -

Proxección da curta “Tecido resistente” e debate posterior este venres en Fene

No marco dos actos deseñados para conmemorar o Día da Muller, a concelleira de Benestar Social, Juana Barro, informou esta mañá de que o Concello organizará este venres 22 de marzo unha sesión de cinefórum. Con entrada libre, celebrarase no salón de actos da Casa da Cultura, a partir das 19 horas, e incluirá a poxección do curtometraxe “Tecido resistente” e un debate posterior coa directora, Marina Chiavegatto.
20-03-2019 -

O Mago Antón ofrecerá seis sesións de maxia este sábado en Fene para os máis pequenos e pequenas da casa

Os máis pequenos e pequenas da casa teñen unha cita obrigada este sábado 23 de marzo en Fene. O concelleiro de Promoción Turística, Juan José Franco, avanzou que o Concello traerá ao Mago Antón ao municipio para que estes poidan disfrutar dos seus trucos e xogos. Será nun recinto pechado, na praza do Alcalde Ramón Souto González, en horario de mañá e de tarde. E é que o ilusionista ofrecerá ata seis espectáculos ás 12 h, 13 h, 18 h, 19, 20 e 21 horas. Iso si, o aforo é limitado e para asistir aos mesmos terase en conta a orde de chegada.
20-03-2019 -

O Concello renova e mellora a iluminación das instalacións da Casa da Cultura A concelleira de Cultura

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, informou esta mañá de que o Concello vén de investir 3.000 euros en dúas actuacións de mellora da iluminación nas dependencias da Casa da Cultura. En concreto, procedeuse á adquisición de 20 focos led para a sala de exposicións temporais, dando resposta a unha importante carencia de iluminación cara as paredes. A única iluminación coa que contaba ata ese momento procedía de tubos fluorescentes.
18-03-2019 -

O Concello estrea sede electrónica

O Concello de Fene vén de estrear sede electrónica. Unha plataforma máis versátil e funcional que facilita á veciñanza a interacción dun xeito máis áxil e intuitivo co Concello sen horarios nin esperas, realizando xestións sen moverse do seu domicilio ou oficina e dun xeito seguro.