Novas

09-04-2019 -

Musiqueando en Fene

O tempo non acompañou, pero tampouco foi obstáculo para que os alumnos e alumnas do IES Fene saíran do centro esta mañá para ofrecer a veciños e veciñas a súa música no marco da iniciativa Musiqueando, coa que colabora o Concello de Fene a través da Concellería de Ensino. Así, os concertos trasladáronse da praza do Alcalde Ramón José Souto González ao salón de plenos da casa consistorial.

Alí, o alumnado da ESO e do Bacharelato desplegou toda a súa creatividad baixo a dirección da súa profesora Bárbara Mourelo.
08-04-2019 -

Os estudantes do IES Fene sacan o seu talento musical á rúa

Máis dun centenar de alumnos e alumnas do IES Fene sairán á rúa este martes 9 de abril para desplegar todo o seu talento creativo e musical e compartilo con veciños e veciñas. Sobre as 11 horas acudirán á praza do Alcalde Ramón José Souto González, contigua á casa consistorial, para amosar o aprendido nas aulas coa profesora de música Bárbara Mourelo e ofrecer os seus mini concertos. Unha anovadora iniciativa incluída no proxecto “Musiqueando”, co que colabora o Concello de Fene a través da Concellería de Ensino que dirixe Ana Novo.
05-04-2019 -

O Concello inaugura este domingo en Maniños a exposición “I Ruta Indiana”

Continúan os actos da programación “Vén a Fene 2019” que promove o Concello xunto ao tecido asociativo. Este domingo 7 de abril, a partir das 11,30 horas, o local social da SCRD O Pote acollerá a inauguración da exposición “I Ruta Indiana”. Nesta liña, o concelleiro de área, Juan José Franco, apunta que a entrada é libre e gratuíta e convida á veciñanza a secundar a cita.

A mostra recolle unha selección de imaxes fotográficas da actividade, realizada o pasado ano, e a partir do domingo poderá visitarse en horario de 11 a 14 e de 18 a 20 horas, de luns a domingo (agás os mércores) durante os meses de abril e maio.
04-04-2019 -

O Concello convida á veciñanza á presentación do VI Encontro de Lavandeiras

O concelleiro de Promoción Turística, Juan José Franco, informou esta mañá de que o local social da SCRD Agarimo de Sillobre será escenario este sábado 6 de abril do acto de presentación da sexta edición do Encontro de Lavandeiras. Un acto que principiará ás 11 horas, presidido polo alcalde, Gumersindo Galego, incluído no programa “Ven a Fene. Ven a Sillobre” e con entrada libre.
03-04-2019 -

O Concello adquire un vehículo de atestados e con oficina móbil para a Policía

 A Policía Local de Fene contará cun novo vehículo de atestados e oficina móbil. A concelleira de Facenda, Rocío Bértoa, informou esta mañá da adxudicación do contrato para a súa adquisición por un importe de 46.627,57 euros. Na práctica, este vehículo permitirá ós axentes elaborar in situ os atestados, ofrecendo unha mellor atención á veciñanza e facilitará o traballo que realizan a pé de rúa, axilizando a tramitación.
02-04-2019 -

O Concello de Fene procede á reparación da ponte sobre o río Belelle

O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá do remate dos traballos de acondicionamento da ponte sobre o río Belelle. Unha infraestrutura de chapa de ferro que se atopaba en moi avanzado estado de deterioro pola falla de labores de conservación nos últimos tres anos, derivando así en graves desperfectos, especialmente nas varandillas. Trátase dunha ponte moi utilizada polos pescadores e clubes de ciclismo de montaña, así como polos propietarios de fincas do entorno e camiñantes nas fins de semana –este espazo era onde antigamente se celebraba a Romaría do Belelle.
01-04-2019 -

Pésame en Fene polo falecemento dos irmáns Vieito Lata

A corporación municipal de Fene quere trasladar o seu máis sentido pésame á familia de Abelardo José e Luis Angel Vieito Lata, irmáns veciños do municipio, que perderon a vida nun tráxico accidente en augas de Ferrol cando ían pescar. Así mesmo, amosa a súa consternación polas circunstancias e traslada o seu cariño nestes momentos tan duros.
01-04-2019 -

O Concello conmemora mañá o Día do Libro Infantil e Xuvenil ampliando o número de obras en préstamo e con libro de agasallo

Para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil que se celebra mañá 2 de abril, a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, explicou que a Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé ofrecerá, durante todo o mes, unha mostra bibliográfica adicada ao libro infantil e xuvenil. Será unha exposición seleccionada tamén coa axuda dos usuarios/as, xa que no mostrador porase á súa disposición unhas tarxetas para que escriban o título do seu libro favorito infantil ou xuvenil, e colocaranse no espazo adicado á mostra.
29-03-2019 -

O Concello de Fene acondiciona os pasos elevados sobre a vía do tren no Ramo e na antiga estación de Perlío

O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá do remate dos traballos de acondicionamento e mellora dos pasos elevados sobre a vía do tren na antiga estación de Perlío, en Antonio Montero, e tamén na zona do Ramo.

Explicou que as varandas estaban moi deterioradas pola falla de mantenemento dos últimos anos e, nalgúns casos, nin sequera era posible o arranxo soldándoas. Por iso, o Concello procedeu á construción de varios tramos novos que subtituíron a estes. Así mesmo, realizáronse traballos de pintado das infraestruturas.

Deste xeito, o alcalde sinala que se reforzou a seguridade dos usuarios tanto no Ramo, zona de cruce habitual para moitos nenos e nenas que acuden ao centro educativo, como en Perlío en dirección á Torre.
28-03-2019 -

A Casa da Cultura acolle este venres a representación teatral “Mullerazas”

No marco dos actos deseñados para conmemorar o Día da Muller, a concelleira de Benestar Social, Juana Barro, informou esta mañá de que a Casa da Cultura de Fene acollerá mañá venres 29 de marzo a representación da obra teatral “Mullerazas”, a cargo da compañía Criando Malvas. A función dará comezo ás 18,30 horas con entrada libre e de balde e, ao seu remate, dará comezo un debate en torno á obra.