A Mocidade Activa de Fene, Mugardos e Neda xa está en marcha

A Mocidade Activa de Fene, Mugardos e Neda xa está en marcha

Este martes botou a andar o programa Mocidade Activa que están a desenvolver as áreas de Benestar e Igualdade dos Concellos de Fene, Mugardos e Ares. A actividade enmarcase nun proxecto de prevención de condutas aditivas no eido local que se realiza coa colaboración coa Consellería de Sanidade. Mocidade Activa vai dirixido a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 11 e os 16 anos.

Neste espazo dinámico, algunhas das actividades que realizarán os/as rapaces/as son: rutas guiadas, obradoiros ao aire libre relacionados co medio ambiente, deportes locais, tradicionais e acuáticos, xogos colaborativos, radio, fotografía…...

O programa desenvólvese en dúas quendas cun total de 18 participantes divididos en dous grupos e a rapazada inscrita pertence aos tres concellos conveniados e participa alternando unha ou outra quenda (coa posibilidade de participar tamén nas dúas).

Dende os Servizos Sociais de Fene informan de que quedan dispoñibles dúas prazas libres que, no caso de que haxa persoas interesadas en participar, se cubriran por orde de inscrición. As solicitudes enviaranse ao correo electrónico: servizos.sociais@fene.gal


Máis información no CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - AREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Web:http://www.fene.gal