Persoal do departamento

O departamento de servizos sociais está integrado por un equipo estable de 8 persoas: 4 traballadoras sociais de atención primaria, 1 psicóloga, 1 pedagoga, 1 administrativa e 1 axudante.
Asemade cóntase ademais con outro persoal adscrito como é 1 avogada que acude 1 día á semana, previas citas.

Adscritas a este departamento están 5 traballadoras familiares que integran o servizo de axuda no fogar municipal (S.A.F.) coa dirección dunha traballadora social.

Este servizo atende tanto as persoas usuarias do sistema básico como ás do sistema de dependencia.

O acceso aos servizos sociais se realiza principalmente a través do servizo de Información, Orientación e Asesoramento (Servizos Sociais de Base ou Comunitarios) que atenden 3 traballadoras sociais mediante cita previa.

Zonas de atención

  • Zona I: Fene-Magalofes.
  • Zona II: Perlío- Maniños.
  • Zona III: San Valentín, Sillobre e Barallobre.
  • Zona IV: Limodre.

A cita previa está totalmente informatizada a través do programa informático SIUSS.