Pepo Suevos no ciclo “Xullo, mes de Patria” do Concello de Fene

Pepo Suevos no ciclo “Xullo, mes de Patria” do Concello de Fene

A praza do alcalde Ramón José Souto González, acolle este xoves, 7 de xullo, o segundo espectáculo do ciclo “Xullo, mes da Patria”, organizado pola Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Desta vez, o protagonista será o monologuista e actor ferrolán Pepo Suevos co espectáculo “Humor salvaxe”. A función comezará ás 21.00 horas con entrada libre e de balde.

Como o fin xustifica os medios, e o fin é escachar coa risa, Pepo Suevos chega disposto a deixar as cousas ben clariñas en “Humor Salvaxe2, unha sátira implacable e continua da que ninguén sairá ben parado agás o público, que non poderá deixar de rir con este monólogo no que se tocan temas de actualidade, pero tamén de toda a vida, nunha posta en escena cargada de enerxía.

Ademais de ser un dos cómicos máis transgresores e asilvestrados do país, capaz de alternar o humor máis intelixente coa burrada máis grande, Pepo Suevos é un “todoterreo” do espectáculo con máis de 1.500 actuacións e 20 anos de carreira. Coñecidas son tamén outras facetas súas como a de actor, guionista, “speaker” deportivo ou mestre de cerimonias en vodas e banquetes varios.

Trala función de Pepo Suevos deste xoves, o ciclo “Xullo, mes da Patria” continuará o venres 8 de xullo cunha festa infantil na Praza do alcalde Ramón José Souto González a partir das 18.00 horas.


Máis información, na web do Concello de Fene www.fene.gal ou no Departamento de Cultura do Concello de Fene, tfno. 981 340 366.