Noticias

16-06-2025

Sinaladas, un percorrido pola loita das mulleres no século XX: cen anos de conquistas e represión

Baixo este título, a Deputación Provincial da Coruña trae a Fene na segunda quincena do mes de xuño a exposición “Sinaladas” que pon o foco nos cen anos de historia en que as mulleres deron a batalla para conseguir mellorar a súa vida e a súa xente. “Pelexaron polo pan pero, sobre todo, por ocupar o seu espazo no país e no relato”, afirman desde o organismo provincial.

A mostra, fomada por trece estructuras con paneis informativos e fotografías, poderá visitarse desde o martes 17 até o domingo 29 de xuño na praza do alcalde Ramón J. Souto González, a carón da Casa do Concello de Fene. A inauguración, prevista para este martes, ás 12.00 horas, contará coa presenza das deputadas provinciais de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís, Sol Agra, e da de Atención aos Concellos e Plans, Cristina García Rey, xunto coa alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, e o concelleiro de Cultura, Justo Ardá.

16-06-2025

Concentración de condea e rexeitamento polo asesinato por violencia machista

Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, convócase para hoxe luns 16 de xuño 2025 ao persoal do Concello, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa ás 12:00 h na porta da Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento polo ASASINATO MACHISTA acontecido onte na Coruña.

Agradecemos de antemán a vosa asistencia como xesto de condea, repulsa e solidariedade.

Concentración de condea e rexeitamento polo asesinato por violencia machista

Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, convócase para hoxe xoves 12 de xuño 2025 ao persoal do Concello, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa ás 12:00 h na porta da Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento polo ASASINATO MACHISTA acontecido en Campo Lameiro e veciña de Moraña, MARISOL COSTA DE 49 ANOS
Agradecemos de antemán a vosa asistencia como xesto de condea, repulsa e solidariedade.


Listado admitidas/os e lista de agarda Verán Máis Alá 2025

Unha vez aplicados os criterios de baremación establecidos nas bases, a Concellería de Cultura de Fene vén de adxudicar as prazas do campamento lingüístico e de conciliación Verán máis alá! As nenas e nenos que non obtiveron praza, quedan en lista de agarda. No caso de que se produzan baixas trala publicación da listaxe, contactarase coas familias suplentes para cubrir todas as prazas.


A partir do xoves día 12 de xuño, enviaranse as cartas de autoliquidación para as persoas admitidas. O prazo para aboar a cota será do 13 ao 19 de xuño de 2025.


O Concello de Fene reclama a modernización das infraestruturas ferroviarias de Ferrolterra

A alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, e o primeiro tenente de alcalde, Manuel Polo, mantiveron unha reunión de traballo cos representantes do Foro Cidadán polo Ferrocarril, co obxectivo de abordar as necesidades urxentes de mellora da rede ferroviaria na comarca de Ferrolterra.


Durante o encontro, celebrado na Casa do Concello, a rexedora fenesa trasladou o compromiso do goberno local coa defensa do tren como servizo público estratéxico. "É imprescindíbel avanzar na modernización da infraestrutura ferroviaria e apostar pola súa funcionalidade real, con servizos que dean resposta ás necesidades da veciñanza", sinalou Sandra Permuy.


Axenda

Tamén en fene.gal