Arrancan os obradoiros +Memoria en Fene

Arrancan os obradoiros +Memoria en Fene

Impulsados pola Concellería de Benestar Social de Fene en colaboración co tecido asociativo, celebraranse na AVV Limodre, ACDR O Pote de Maniños e CPS de San Valentín coa participación de 40 veciños e veciñ

Un total de 40 persoas tomarán parte dende esta semana nos obradoiros “+Memoria” que impulsa a Concellería de Benestar Social que dirixe Tamara Miragaya en colaboración co tecido asociativo. Os talleres desenvolveranse no local social da AVV Limodre (os luns de 18 a 19 horas); CPS de San Valentín (martes de 16,45 a 18,15 horas), e ACDR O Pote de Maniños (mércores de 18,30 a 20 horas).


Os obradoiros, gratuítos e dirixidos a persoas maiores de 55 anos, inclúense no proxecto Envellecemento Activo e buscan manter activa a mente e mellorar a memoria das persoas participantes con esquecementos cotiás mediante dinámicas de ocio e grupais.

Ligazóns