Cara B das violencias machistas

Cara B das violencias machistas

A sesión, de carácter dinámico e dirixida a mulleres, celebrarase o vindeiro 24 de novembro no Salón de Plenos municipal e estará impartida por persoal especializado de Arabías.

A sesión, de carácter dinámico e dirixida a mulleres, celebrarase o vindeiro 24 de novembro no Salón de Plenos municipal e estará impartida por persoal especializado de Arabías.

No marco das actuacións programadas durante este mes de novembro cara á celebración do 25N, a Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene impulsa o curso “Cara B das violencias machistas”. A iniciativa xorde coa finalidade de seguir visibilizando e afrontando a violencia machista desde todas as frontes posibles, articulando a formación arredor dos relatos das superviventes.

Ao longo da sesión abordaranse os seguintes contidos:

  • A necesidade de falar das violencias machistas en xeral.

  • O debate entre os conceptos de vítima e supervivente, cuestionando o mito da vítima perfecta.

  • Boas prácticas para unha intervención interseccional e coidadosa.

  • Recomendacións para mellorar as políticas públicas e o funcionamento dos recursos especializados.

Data, lugar e inscricións

A actividade desenvolverase o 24 de novembro, de 16:30 a 19:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Fene (praza do Alcalde Ramón José Souto González, 15500, Fene).

A participación é gratuíta, sendo necesaria inscrición previa. As persoas interesadas poden anotarse a través da ligazón dispoñible aquí, chamando ao departamento municipal de Servizos Sociais (981 34 26 07 / 981 49 27 06) ou escribindo ao correo electrónico servizos.sociais@fene.gal.

Para calquera consulta adicional, pódese contactar co Centro Municipal de Servizos Sociais (Concellaría de Benestar Social e Igualdade), situado na avda. do Mar, bloque 1, baixo (San Valentín).

Ligazóns