Charla informativa sobre Incontinencia, hixiene e protección
27-10-2026
A delegada de Servizos de Atención Domiciliaria do Club de Coidadores, Beatriz Corredoira García, ofrecerá unha charla en Fene sobre hixiene e coidado da pel das persoas dependentes, afondando tamén na racionalización e no uso axeitado de productos. A formación, titulada Incontinencia, hixiene e protección, desenvolverase na Casa da Cultura o xoves 5 de Novembro, de 16.30 a 18.00 horas.
As persoas interesadas en asistir deben inscribirse previamente (ao obxecto de prever o número de agasallos a entregar) antes do 3 de Novembro, no departamento municipal de Servizos Sociais: no teléfono 981 342 607/ 981 492 706 ou no correo electrónico servizos.sociais@fene.gal.
Trátase dunha actividade gratuíta dirixida a familias, persoas coidadoras e persoas interesadas na atención e coidado de persoas dependentes.
Organizan: Concellería de Servizos Sociais de Fene e Club de Coidadores
Máis información:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
CONCELLARÍA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE.
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
