O Concello de Fene pon en marcha un novo programa de subvencións ás familias para a festividade de Nadal 2026-27

O Concello de Fene pon en marcha un novo programa de subvencións ás familias para a festividade de Nadal 2026-27

A fin de que todos os nenos e nenas poidan vivir con ilusión a festividade de Nadal, a Concellería de Benestar Social e Igualdade de Fene abre o prazo de solicitude de axudas ás familias con fillos e fillas que a 31 de decembro de 2026 teñan unha idade comprendida entre o 0 e o 16 anos, ou maiores desta idade cando teñan o recoñecemento oficial de discapacidade. O programa contempla axudas de pago único de 125€ por menor.

As solicitudes deberán presentarse desde o 27 de outubro ao 9 de novembro 2026, ambos os dous días incluídos, no centro municipal de Servizos Sociais (Avda. do Mar, Bl. 1, San Valentín, Fene)

Para optar ás axudas do programa de subvencións ás familias para a festividade de Nadal 2026-27, as familias deberán cumprir os seguintes requisitos:

- Empadroamento no Concello de Fene e ter residencia efectiva no mesmo cunha antigüidade mínima de tres meses anteriores á data da solicitude.
- Renda (aplicando descontos de seguridade social e IRPF, pensións complementarias ou alimenticias e as cotas de aluguer ou amortización da vivienda):
 Unidade de convencia de 2 persoas non superar os 34.188€
 Unidade convivencia de 3 ou máis membros non superar os 42.735€
- Que os aforros a 31/12/2025 non superen os 3.000 €.
- Que non haxa máis de dous coches na unidade familiar e, no caso de que a maiores dos coches se posúa unha moto, esta deberá ter unha cilindrada non superior a 800 centímetros cúbicos.

Máis información na Concellería de Benestar Social e Igualdade (Avda. do Mar, Bl. 1. San Valentin, Fene), ou nos teléfonos 981 342 607 / 981 492 706.