Sementes de cambio no Concello de Fene

Sementes de cambio no Concello de Fene

A especialista universitaria en estudos de xénero e políticas de Igualdade María Ángelica Mercado Torres impartirá unha charla informativa en Fene sobre agresións sexuais e violencia sexual. Baixo o título Sementes de cambio, a actividade “pretente poñer unha semente de cambio para logo poder facer unha recolleita de respeto, consentimiento, igualdade e prevención” A conferencia, dirixida ao público en xeral, terá lugar na Casa da Cultura de Fene o vindeiro 29 de outubro, de 19 a 20.30 horas.

A participación é gratuíta, con inscrición previa no departamento municipal de Servizos Sociais, nos teléfonos 981 342 607 ou 981 492 706; ou no correo servizos.sociais@fene.gal.

Sementes de cambio encádrase no programa de actuacións que a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero ofrece aos concellos integrantes de Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero 2026.