Atención Especializada en Alzhéimer e outras Demencias

Atención Especializada en Alzhéimer e outras Demencias

Afal e o Concello de Fene organizan o curso “Atención Especializada en Alzhéimer e outras Demencias” para familias e persoas coidadoras e persoas interesadas na atención e coidado de persoas con alzheimer e outras demencias.

Co apoio da Mancomunidade, celebrarase no Centro de Servizos Sociais de Fene os días 1 e 3 de setembro, con
inscrición previa no centro municipal de Servizos Sociais

O curso está impartido por persoal técnico de Afal Ferrolterra.


LUGAR: Centro de Servizos Sociais de Fene, sito en Avda. Do Mar, Bloque I, s/n San Valentín, Fene

DATAS E HORARIO:


1 de setembro de 16:00 a 18:00 horas.
3 de setembro de 16:30 a 18:00 horas.


A participación é gratuíta, con inscrición previa no departamento municipal de Servizos Sociais -981 342607/
981 49 27 06 ou correo servizos.sociais@fene.gal.

PERIODO DE INSCRICIÓN: Entre o día 17 e 31 de agosto
Esta acción formativa é posible grazas ó acordo de colaboración asinado entre a Mancomunidade de Concellos
da Comarca de Ferrol e Afal, e o apoio do Concello de Fene.


Na primeira sesión abordarase a sintomatoloxía e os sinais que poden anticipar un deterioro cognitivo;
describirase como adoitan cursar as demencias centrándose principalmente nas distintas fases do alzhéimer e
nas alteracións de comportamento, ademais de realizarse un repaso ás terapias non farmacolóxicas que poden
retrasar a súa evolución.


Na segunda sesión tratarase dun xeito moi práctico as mobilizacións e transferencias da persoa dependente,
as mellores posturas para previr problemas circulatorios e cutáneos derivados do encamado/a e os materiais
existentes para previr esa problemática. Tamén se abordarán as técnicas para mover, cambiar de lugar e sentar
á persoa enferma de maneira que non haxa ningún tipo de lesión nin no/a enfermo/a nin no/a coidador/a.

ACTIVIDADE GRATUÍTA ABERTA A TODA A POBOACIÓN.

Para calquera información dirixirse a:

CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
CONCELLARÍA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE.
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín