Aberto o prazo de inscrición no curso de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais que organiza a Mancomunidade
08-07-2026
O servizo de Orientación Laboral do Concello de Fene informa da convocatoria, por parte da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, en colaboración co Deputación da Coruña, dun curso de socorrismo, ao obxecto de garantir a seguridade nas praias e piscinas, mellorando a calidade turística do territorio e ofrecendo unha oportunidade profesional para as persoas interesadas nesta ocupación.
As bases e procedemento de inscrición poden consultarse no seguinte ENLACE
REQUISITOS DE INSCRICIÓN:
• Ter cumpridos os 18 anos de idade no momento da inscrición
• Estar en posesión dos títulos ou certificados precisos par cursar a formación correspondente ao certificado de profesionalidade de nivel 2 (estudos de ESO, 2º de BUP, FP-1, ..)
• Empadroado nun concello pertencente ao destino turístico Ferrolterra-Rías Altas
FORMATO DO CURSO:
• Proba Específica de Natación, necesario superar e que se convalidará con 120 horas de formación
• Formación Presencial Teórico Práctica, 120 horas, que se impartirán ao longo de outono de 2026, en horario de fin de semana.
LUGAR DE IMPARTICIÓN DO CURSO:
• Instalacións do Concello de Ferrol
DATAS DE PUBLICACIÓN E PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS:
• BOP - 29/06/2026. Ata 13 de xullo
Máis información no servizo de orientación laboral do Concello de Fene
Teléfono 981 492 767
orientacion.laboral@fene.gal
