Clausura do programa Seráns Activos 2025-26
25-06-2026
A concellería de Benestar Social de Fene clausurou o pasado venres 22 de xuño os Seráns Activos do programa de Envellecemento Activo. O acto, presidido pola alcaldesa Sandra Permuy e o concelleiro de Benestar Social Manuel Polo, contou coa participación de representantes das entidades sociais do termo municipal.
Nesta derradeira sesión proxectouse unha presentación de fotos nas que se amosaba o traballo realizado durante o curso académico e unha dinámica de grupo. A continuación, a alcaldesa e o concelleiro entregaron os diplomas ás persoas participantes e, para rematar a velada, organizouse unha merenda.
As actividades de memoria activa desenvolvéronse de forma itinerante polas diferentes parroquias do concello (a través das entidades veciñais e culturais) e no centro sociocomunitario, onde se realizou o obradoiro de recuperación da memoria.
• OBRADOIROS ESPAZO DE MEMORIA
Realizáronse actividades para manter activa a mente e mellorar a memoria,atención e concentración naquelas persoas con esquecementos cotiás (onde están as chaves, cómo era o nome de...), empregándose dinámicas de ocio e grupais para a realización das actividades. Os obradoiros desenvolvéronse nas seguintes entidades: AA.VV. de Limodre, CPS de San Valentín e ACRD O Pote de Maniños.
• OBRADOIROS LEMBRANZAS: O BANCO DA MEMORIA
Centráronse en traballar os diferentes procesos mentais desde unha perspectiva experiencial. Traballaronse funcións cognitivas dende unha perspectiva dinámica, aportando vivencias e coñecementos. Os obradoiros desenvolvéronse nas seguintes entidades: ACRD Agarimo de Sillobre, A.C.D.R. Liga de Amigos de Barallobre, AA.VV. Perlio e AVV San Xurxo Magalofes.
• OBRADOIROS DE RECUPERACIÓN DE MEMORIA
Realizáronse actividades en grupo encamiñadas a mellorar a memoria, a linguaxe, a orientación, a atención, etc. Para retrasar o inicio dunha demencia ou mantela estable sen empeoramento. Ademais dos beneficios de pertencer a un grupo. Esta actividade desenvolveuse no Centro Municipal de Servizos Sociais, cunha duración de 55 horas ao longo de 37 sesións
A duración das sesións en cada obradoiro foi de dúas horas semanais, até completar un total de 270 horas nos obradoiros indicados no programa. Por outro lado, o número de persoas participantes foi de 110 e as que acudiron á sesión de clausura 50.
A coordinadora do programa foi a pedagoga municipal, Mª José Paz Rodríguez, e a empresa encargada de impartir os obradoiros: Senes .City, S.L.
Máis información no Centro Municipal de Servizos Sociais.
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal
