A piscina municipal reabre con normalidade mañá venres 19 de xuño
18-06-2026
O Concello de Fene informa de que unha vez solucionada a avería que obrigou a pechar a piscina municipal de Centieiras dende o día 23 de maio, esta volve estar operativa e abrirá as súas portas co horario habitual o día 19 de xuño (venres).
A alumnado das escolas de adultos poderá comezar novamente na súa escola o mesmo día 19 ata o 30 de xuño.
O alumnado das escolas de natación para bebés terá a festa de clausura o día 20 (sábado) no propio horario da escola e poderán estar acompañados de 2 persoas adultas.
O alumnado de primeira infancia, iniciación e perfeccionamento infantil e perfeccionamento xuvenil terá a festa de clausura o día 27 de xuño (sábado).
O Concello continuará informando nos vindeiros días das decisións que se tomen no que respecta a devolucións de cotas ou compensación das mesmas.
Pedimos disculpas polas molestias ocasionadas e agradecemos a súa comprensión.
