Enquisa para avaliación do IV Plan de Igualdade do Concello de Fene 2023-2025

Enquisa para avaliación do IV Plan de Igualdade do Concello de Fene 2023-2025

Dende a Área de Igualdade Municipal estase a avaliar o IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Fene (en adiante PIOMH), aprobado no Pleno Municipal o 5 de decembro de 2023. Unha vez rematada a vixencia do mesmo (2023-2025) compre proceder á súa Avaliación Final.

A avaliación dun Plan de Igualdade é un proceso participativo que precisa das achegas, suxestións e opinións de todas as persoas implicadas, polo que a colaboración cidadá é de gran importancia.

Pedimos e agradecemos a colaboración da cidadanía cubrindo de xeito sincero a enquisa que elaboramos xa que nos axudará a ter unha perspectiva máis real e dende varias ópticas á hora de avaliar este IV PIOMH.

A enquisa é completamente anónima e a súa participación é de moito valor para a avaliación, á vez que pode abrirnos portas cara a elaboración do próximo Plan de Igualdade, polo que agradecemos de antemán a colaboración cidadán en prol dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

Para cubrir a enquisa pinche no seguinte enlace: https://forms.gle/BrCD1qgBwra5t5UPA
Estará dispoñible até o 10 de xullo de 2026.

Pode consultar o IV PIOMH na seguinte ligazón:
https://fene.gal/media/documentos/IV_PIOM_CONCELLO_DE_FENE.pdf