Os Concellos de Fene, Ares e Neda impartirán a partir do mes de xuño o obradoiro de emprego REINICIA XII

Os Concellos de Fene, Ares e Neda impartirán a partir do mes de xuño o obradoiro de emprego REINICIA XII

Financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, o programa formará a 20 alumnos ou alumnas traballadores nas especialidades de Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería e moble (curso de nivel 1), Traballos de carpintería e moble (nivel 1) e Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (curso de nivel 2 polo que require nivel de estudos de ESO ou equivalente).

Desde o inicio da súa participación no obradoiro, o alumnado traballador será contratado pola entidade promotora na modalidade de contrato para a formación e a alternancia, polo que percibirá unha retribución equivalente ao salario mínimo interprofesional. E, ao remate do programa, o/a traballador/a terá o Certificado de Profesionalidade da especialidade realizada, amais de estar capacitado para continuar traballando na profesión adquirida.

O proceso de preselección de candidatos/as foi realizado polo Servizo Público de Emprego de
Galicia.

O obradoiro dual de emprego é un programa mixto de emprego e formación
que ten como finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas participantes, mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten a realización dun traballo efectivo

Para máis información:
Concello de Fene, Area de Formación e Emprego “Pancho Allegue”, Praza do Alcalde Ramón
José Souto González s/n, Teléfono 981 492 767. orientacion.laboral@fene.gal

Descargas