O Concello de Fene contratará a tres peóns ou peoas de obras no marco do programa PEL 2026 da Deputación da Coruña
12-05-2026
Trala publicación das bases coa información sobre o proceso selectivo no Boletín Oficial da Provincia deste luns, 11 de maio, e na web municipal o Concello de Fene tramitará ao longo desta semana ante a oficina de emprego de Ferrol-Esteiro as ofertas de emprego para a contratación de tres peóns/oas de obras públicas para a realización de obras e servizos mínimos municipais, no marco do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña.
As persoas traballadoras que se contraten deberán ser persoas desempregadas maiores de 16 anos e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupadas. Deberán ademais estar dispoñibles para o emprego e dentro da casuística que recolle o programa: mulleres, maiores de 45 anos, persoas desempregadas de longa duración, persoas con discapacidade, persoas en situación de drogodependencia, persoas que vivan nun fogar onde niguén teña emprego, persoas con fogar monoparental, persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais, vítimas de violencia de xénero ou persoas sen fogar.
Amais de estar inscrito/a como demandante de emprego,para poder acceder a estes postos é requisito ter solicitada a ocupación de:
Peón/a de obras públicas: código 96011029
Os/as aspirantes serán preseleccionados/as pola oficina de emprego de Ferrol-Esteiro.
Para máis información:
Concello de Fene, Area de Formación e Emprego “Pancho Allegue””, Praza do Alcalde Ramón José Souto González, Teléfono 981 492 767. orientacion.laboral@fene.gal
