Internet seguro para menores

Internet seguro para menores

Curso dirixido ás familias de balde o 19, 26, 28 de maio e 2 de xuño de 17.00 h a 20.00 h

O concello de Fene en colaboración coa fundación Cibervoluntarios organiza un cursos de formación en competencias dixitais para familias, entre as datas comprendidas do 19 de maio ao 2 de xuño de 2026

Esta actividade enmárcase no plan de prevención de condutas aditivas, no programa familiar “ MAS QUE UN TEITO”, que desenvolve o departamento de Benestar Social do Concello de Fene.

Trátase dun programa de formación en prevención familiar e comunitaria e ten como finalidade evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables, tendo en conta a perspectiva de igualdade de xénero.

As inscricións realizaranse no centro municipal de Servizos Sociais na caixa de correo servizos.sociais@fene.gal.

Aportaranse os seguintes datos: nome, apelidos, data de nacemento, teléfono de contacto , caixa de
correo.

Período de inscrición: até o  venres 15 de maio de 2026. (por orde de inscrición ata cubrir as prazas).

O número máximo de participantes é de 16 e un mínimo de 8. A formación é de balde.


O obradoiro a desenvolver é o seguinte: "Internet seguro para menores”


Datas: 19, 26, 28 de maio e 2 de xuño
Horario: 17:00 – 20:00h.
Duración: 4 sesións con un total de 12 horas de formación.

Lugar: Casa da Cultura. Avda. Conces - Fene.

Contidos:

- Pautas para guiar aos menores no uso seguro e responsable de internet.
- Coñecer como identificar os riscos mais comúns.
- Previr o ciberacoso.
- Fomentar unha cultura da seguridade dixital.

As xornadas serán participativas, onde as persoas poden expresar opinións e compartir un espazo para
así poder afrontar o acompañamento das/os fillas/os.

Poboación destinataria: famílias e representantes das ANPAs e entidades veciñais.
Ofrecéselles manexar unha información obxectiva e veraz que lles axude a adoptar decisións
autónomas e responsables en beneficio propio e social, reforzando actuacións preventivas.

É unha iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, dentro das iniciativas Generación D impulsada por Red.es, Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública, e están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia a través dos fondos Next Generation da Unión Europea.


+ Información: Centro Municipal de Servizos Sociais
caixa correo: servizos.sociais@fene.gal. Tel:981492706
Correo electrónico : servizos.sociais@fene.gal